O BNG CELEBROU UN ENCONTRO SOBRE A XESTIÓN FORESTAL NO QUE PARTICIPARON PERSOAS VENCELLADAS Á XESTIÓN, PRODUCIÓN E TRANSFORMACIÓN DA MADEIRA

“A rendibilidade do eucalipto é moi relativa por que transfire moitos custos á sociedade” afirmou Olalla Rodil

IMG_20170628_184644

A Parlamentaria do BNG sinalou “a necesidade de apostar por un novo rumbo na política forestal deste país como alternativa de futuro”

“A rendibilidade do eucalipto é moi relativa por que transfire moitos custos á sociedade” afirmou Olalla Rodil

Lugo, 28 de xuño 2017. O BNG celebrou un encontro sobre a xestión forestal no que participaron persoas vencelladas á xestión, produción e transformación da madeira. No encontro participaron técnicos agrarios e forestais, axentes forestais, profesores de universidade, persoal da administración, propietarios forestais, representantes de comunidades de montes e o presidente do cluster da madeira de Galiza, ademais de cargos orgánicos e institucionais do BNG. A parlamentaria Olalla Rodil, que conduciu o acto, sinalou” a necesidade de recuperar o diálogo e o consesnso” e referiuse ao acontecido na recente presentación do Pladiga onde se levantaron da mesa 5 organizacions para amosar o seu descontento pola falta de dialogo do executivo do goberno galego.

O BNG este promovendo tipo de encontros nas diferentes comarcas e localidades do páis “para coñecer cal é a realidade do sector forestal e cales son as posibilidades de deseñar unha nova política forestal”. “Trátase de pensar unha política forestal a longo prazo, hai que abandonar o cortoplacismo e deixar de utilizar os incendios como unha táctica política”. Segundo explicou Rodil “queremos falar con toda a xente que ten intereses e sensibilidade polo noso monte para deseñar un cambio de rumbo na política forestal”.

Entre as conclusións da xuntanza apareceu a ordenación do territorio como unha das prioridades para planificar a xestión das superficies e evitar desastres como os vividos recentemente en Portugal. Tamén se destacou a necesidade do entendemento entre os diferentes actores que participan da explotación e da xestión forestal. Ademais apostouse pola multifuncionalidade do monte a través de alternativas como o silvopastoralismo, a produción de cogumelos, a apicultura, a explotación da resina, o aproveitamento de diferentes produtos.

A xestion publica ferramenta demostrativa de alternativas para o monte

Na xuntanza lembrouse que un dos maiores xestores forestais deste país é a propia administración. A Xunta xestiona moitos miles de hectáreas que se poderían poñer como exemplo de xestión. Estas superficies terían que se exemplo de alternativas de xestión para amosara o resto da sociedade e das comunidades de montes alternativas produtivas do monte e utilizalas como espazos de aproveitamentos diferenciados para obter valor engadido.

A falta de cumprimento da normativa

O incumprimento da normativa é un dos factores que está a crear maior confusión entre propietarios e contribuindo ao desorden e eucaliptización masiva do país. Olalla Rodil lembrou que Galiza ten máis de 300.000 hectareas destinadas á produción de eucalipto o que supón unha superficei moito maior que a que teñen moitos estados do mundo destinado a esta especie árborea. O BNG propón, entre outras medidas, para frear a masiva: paralizar a plantacion do eucaplito nitens, conxelar a plantación do globulus, prohibir dun xeito efectivo a forestacion das terras agrarias e pomover a plantacion de madeiras nobles atendendo o conseguinte proceso de posta en valor.

“A rendibilidade do eucalipto é moi relativa por que transfire moitos custos á sociedade” afirmou Olalla Rodil