O Concello de Lugo acolle a presentación da tempada 2025-2026 da Sociedade Filarmónica de Lugo
"Desde a área de Cultura do Concello mantemos un ano máis o apoio a todo tipo de artes escénicas, apoiando a única programación estable de música clásica de Lugo", afirmou Rubén Arroxo
Presentáronse os 12 primeiros concertos da tempada, que se celebrarán entre o vindeiro venres 24 de outubro e o 29 de maio
A presentación contou coa presenza do Vicepresidente da Deputación, Efrén Castro, xunto con representantes da directiva da Sociedade Filarmónica de Lugo