A EDIL DE PARTICIPACIÓN E SERVIZOS PARA A CIDADANÍA SINALOU QUE “É CERTO QUE EXISTE UN ELEVADO NÚMERO DE SOLICITUDES PARA AS AXUDAS QUE SE CONVOCARON DENDE O CONCELLO PERO SABIAMOS QUE ÍA SER ASÍ E ESTANSE XESTIONANDO TODAS”

“No rexistro non hai colapso por que as solicitudes preséntanse por vía telemática e duplicouse o número de persoas que atenden o rexistro municipal” dixo Cristina López

“O Partido Popular debería ter unha postura construtiva nesta situación na que se está facendo un importante esforzo para que o Concello Funcione” sinalou Cristina López e relación ás críticas sobre o funcionamento do servizo de Rexistro.

“No rexistro non hai colapso por que as solicitudes preséntanse por vía telemática e duplicouse o número de persoas que atenden o rexistro municipal” dixo Cristina López

Lugo, 30 de abril de 2020. O servizo de rexistro duplicou o número de traballadoras para atender as solicitudes que se están recibindo e, segundo explicou a edil responsable “a tramitación estase facendo metodicamente, ademais non existe colapso por que as solicitudes entran por vía telemática de xeito que non se están provocando molestias ás persoas que queren rexistrar calquera tipo de documento”.

“Sabiamos que íamos recibir un elevado número de solicitudes relacionadas coa liña axudas que se promoveu dende o concello, puxemos os medios para atendelas e as solicitudes estanse tramitando” concluíu Cristina López.

Cristina López sinalou que “o servizo de cita previa, a través do 010, está funcionando perfectamente e todas as persoas que solicitan ser atendidas no rexistro están sendo citadas con fluidez e sen retrasos”. Dende o goberno municipal explicouse que “todas as solicitudes presentadas están sendo atendidas e vanse xestionar dende os diferentes servizos municipais”.

“No rexistro non hai colapso por que as solicitudes preséntanse por vía telemática e duplicouse o número de persoas que atenden o rexistro municipal” dixo Cristina López