Rubén Arroxo e Alexandre Penas reúnense coa veciñanza da rúa Carril dos Loureiros

undefined

Arroxo: "buscamos o consenso da veciñanza da zona para continuar coa mellora integral do barrio de Recatelo"
O Goberno de Lugo propón a creación dunha plataforma única na zona tras recoller as opinións das veciñas e veciños en distintas xuntanzas

Rubén Arroxo e Alexandre Penas reúnense coa veciñanza da rúa Carril dos Loureiros

Lugo, 30 de marzo de 2023. O Tenente Alcalde, Rubén Arroxo, xunto co concelleiro de Infraestruturas Urbanas, Alexandre Penas, mantiveron unha xuntanza con veciñas e veciños da rúa Carril dos Loureiros, onde propuxeron converter esa rúa nunha plataforma única e "avanzar mellora integral do barrio de Recatelo despois de peonalizar practicamente todas as rúas do barrio". Trátase da segunda xuntanza coa veciñanza do barrio, na que desde o Goberno de Lugo se presentaron as distintas alternativas á mobilidade na zona despois de recoller as opinións das veciñas e veciños no mes de novembro de 2022.

Para Rubén Arroxo, "Recatelo está a converterse nunha importante zona de paseo, entre o centro e o Parque de Rosalía, ao mesmo tempo que melloramos os servizos e a calidade de vida da veciñanza", e a rúa Carril dos Loureiros "é a única rúa da zona que sigue pendente de mellorar".

"Desde o goberno municipal seguimos traballando nunha cidade na que os peóns sexan o centro da mobilidade", afirmou Rubén Arroxo, que destacou as diversas medidas postas en marcha para este fin "como a realización de pasos de peóns elevados ou as distintas peonalizacións que se están a levar a cabo e a proxectar".

Rubén Arroxo e Alexandre Penas reúnense coa veciñanza da rúa Carril dos Loureiros