Rubén Arroxo e Alexandre Penas reúnense coa veciñanza da rúa Pedáneo Xoán Diego

O Tenente Alcalde e o edil de Infraestruturas conversaron coa veciñanza para coñecer as necesidades a respecto do sentido de circulación da rúa

Arroxo: "buscamos o consenso da veciñanza para continuar a mellorar a cidade"

Rubén Arroxo e Alexandre Penas reúnense coa veciñanza da rúa Pedáneo Xoán Diego

Lugo, 03 de decembro de 2022. O Tenente Alcalde, Rubén Arroxo, xunto co concelleiro de Infraestruturas Urbanas, Alexandre Penas, mantiveron unha xuntanza con veciñas e veciños da rúa Pedáneo Xoán Diego, onde recolleron as opinións das persoas que residen na zona para, segundo declarou o Tenente Alcalde “avanzar mellora integral das zonas periurbanas de Lugo, tendo en conta as necesidades que nos acheguen as veciñas e veciños que residen na zona”.


Rubén Arroxo e Alexandre Penas convocaron á veciñanza da rúa a unha xuntanza "para buscar unha solución de consenso que permita unha boa accesibilidade peonil nesta rúa".

A área de Mobilidade promoveu esta xuntanza para tratar as distintas solicitudes achegadas pola veciñanza, nas que se propuxeron distintas solucións para a rúa, como a unidireccionalidade da rúa ou a instalación de elementos de calmado do tráfico.

"Desde o goberno municipal seguimos traballando nunha cidade na que os peóns sexan o centro da mobilidade", afirmou Rubén Arroxo, que destacou as diversas medidas postas en marcha para este fin "como a realización de pasos de peóns elevados ou as distintas peonalizacións que se están a levar a cabo e a proxectar".

Rubén Arroxo e Alexandre Penas reúnense coa veciñanza da rúa Pedáneo Xoán Diego