Rubén Arroxo e o concelleiro de Educación, Felipe Rivas, visitaron no MIHL a exposición de miniaturas

 “Despois do exito das mostras anteriores esta exposición abrirá hoxe e permanecerá aberta ata o 26 de febreiro ” afirmou Arroxo 

A exposición recolle a colección de máis de 3.000 vehículos miniaturizados con reproducións dunhas 80 marcas de coches representados

Rubén Arroxo e o concelleiro de Educación, Felipe Rivas, visitaron no MIHL a exposición de miniaturas

Lugo, 9 de decembro de 2022.  O Tenente Alcalde, Rubén Arroxo, visitou a exposición, xunto co concelleiro de Educación a exposición no MIHL que permanecerá aberta ata o 26 de febreiro. A exposición plantexase como unha mostra de miniaturas eléctricas do tipo slot cars que recrean prototipos a escala 1/32 dunhas 60 marcas de miniaturas diferentes e con unhas 80 marcas de coches reales representadas. Todas a mostra recolle reproducións de coches reais e coas características específicas de unha carreira en particular, na sua maior parte de Fórmula 1 e resistencia (principalmente das 24 horas de Le Mans). 

 

Ademais da fórmula 1 hai mostras de formula Indy, Nascar y Rally. Con una cantidade representativa de reproduccions correspondentes a automóviles participantes en cada tempada deportiva da historia. Presentanse tamén un fondo gráfico e bibliográfico sobre slot; coleccións completas de revistas norteamericanas, británicas e españolas, ademais de libros, catálogos, posters, cadros, etc. A exposición está planificada como a cronoloxía do automovilismo para facer un extracto de toda a historia do automovilismo.

 

O promotor da exposción, Julio Páramo López completa a súa colección dende os albores da competición ata a segunda guerra mundial. Amosanse diversos grupos expositivos, por exemplo o grupo expositivo sobre slot como concepto, xoguete e hobby ou o grupo expositivo sobre o packaging no slot. O Tenente Alcalde, Rubén Arroxo, destacou o grande exito que tiveron as exposicións anteriores nas que se achegaron ao MHIL milleiros de persoas para contemplar as exposicións alí programadas sobre a historia de Galiza.

Rubén Arroxo e o concelleiro de Educación, Felipe Rivas, visitaron no MIHL a exposición de miniaturas