RUBÉN ARROXO SINALOU QUE "ACTIVIDADES COMA ESTA PERMITEN ACHEGAR O DEPORTE Á RÚA, POÑENDO EN VALOR A SÚA DIMENSIÓN COMO FERRAMENTA DE BENESTAR FÍSICO E SOCIAL"

Rubén Arroxo e Cristina López asisten á II Edición do Bioleibol

Catro puntos da cidade funcionaron como espazos de difusión da práctica do vólei como actividade bio-saudable

Rubén Arroxo sinalou que "actividades coma esta permiten achegar o deporte á rúa, poñendo en valor a súa dimensión como ferramenta de benestar físico e social"

Rubén Arroxo e Cristina López asisten á II Edición do Bioleibol

 

 

Lugo, 21 de xuño de 2025. Esta mañá celebrouse a actividade Bioleibol, promovida polo Club Voleibol Emevé en colaboración coa Tenencia de Alcaldía e a Vicepresidencia da Deputación. A iniciativa desenvolveuse en catro puntos da cidade (Parque de Frigsa, Parque de Rosalía, Praza de Augas Férreas e Praza de Santa María), que se converteron en espazos de difusión da práctica do vólei como actividade bio-saudable.

O Tenente Alcalde do Concello de Lugo, Rubén Arroxo, e a concelleira de Participación, Cristina López, asistiron á celebración e destacaron o éxito da convocatoria e a implicación da veciñanza.

Durante a xornada, Rubén Arroxo sinalou que "actividades coma esta permiten achegar o deporte á rúa, poñendo en valor a súa dimensión como ferramenta de benestar físico e social". Pola súa parte, Cristina López destacou a importancia de fomentar espazos abertos e accesibles para que toda a cidadanía poida practicar deporte en liberdade e seguridade.

A actividade Bioleibol busca promover hábitos de vida saudables a través do vólei, fomentando a participación, a convivencia e a vida activa nas rúas da cidade.

Rubén Arroxo e Cristina López asisten á II Edición do Bioleibol