A INICIATIVA, POSTA EN MARCHA POLA ASOCIACIÓN DE EMPRESARIOS E COMERCIANTES BARRIO DA MILAGROSA, CONTA CO APOIO DA TENENCIA DE ALCALDÍA DO CONCELLO E DA VICEPRESIDENCIA DA DEPUTACIÓN

Rubén Arroxo e Efrén Castro visita a pista de xeo do barrio da Milagrosa

A iniciativa, posta en marcha pola Asociación de empresarios e comerciantes Barrio da Milagrosa, conta co apoio da Tenencia de Alcaldía do Concello e da Vicepresidencia da Deputación

O Tenente Alcalde e o Vicepresidente da Deputación estiveron acompañados pola deputada provincial Iria Castro e polas concelleiras Maite Ferreiro e Cristina López
Rubén Arroxo e Efrén Castro visita a pista de xeo do barrio da Milagrosa



Lugo, 23 de decembro de 2025. O Tenente Alcalde do Concello de Lugo, Rubén Arroxo, acompañado polo Vicepresidente da Deputación, Efrén Castro, as concelleiras Maite Ferreiro e Cristina López e a deputada provincial Iria Castro, visitaron a pista de xeo instalada no barrio da Milagrosa organizada pola Asociación de Emrpesarios e Comerciantes da Milagrosa e que conta co apoio da Tenencia de Alcaldía do Concello de Lugo e da Vicepresidencia da Deputación de Lugo. Arroxo destacou "o gran éxito" que está a ser esta iniciativa, e afirmou que "centos de lucenses visitan esta instalación cada día, dinamizando o barrio e dando visibilidade ás actividades desta asociación".

Lugo conta cun espazo de 200 metros cadrados para practicar a patinaxe sobre xeo. A pista, ten un horario de funcionamento de 16:30 a 23:00 de luns a venres, e as fins de semana de 11:00 a 14:00 e de 16:30 a 23h, mentres que nos días de noiteboa e fin de ano, o peche será ás 18:00.

A idade mínima para utilizar a pista de xeo será de 3 anos, e as nenas e nenos entre 3 e 5 anos deberán estar acompañados por unha persoa adulta. A pista terá unha cabida máxima de 50 persoas. Disponse de botas desde o número 26 en adiante, e para números inferiores disponse dun suplemento de dobre coitela ó zapato do usuario que otorga un mellor equilibrio.

Con esta iniciativa, a Tenencia de Alcaldía amplía a "importante programación de Nadal", que conta con "14 actividades pensadas para todos os públicos, que reforzan os espazos culturais da cidade e impulsan a participación social".

 

Rubén Arroxo e Efrén Castro visita a pista de xeo do barrio da Milagrosa