Rubén Arroxo e Maite Ferreiro presentan o Muralleando 2022, que abrirá a praza da Mosqueira ás agrupacións musicais de Lugo

Maite Ferreiro: "o Muralleando naceu como unha maneira de apoiar ao tecido cultural local durante o confinamento, e xa é unha cita consolidada no calendario cultural do verán”

23 concertos terán lugar na praza da Mosqueira entre o 17 de xuño e o 27 de agosto

Rubén Arroxo e Maite Ferreiro presentan o Muralleando 2022, que abrirá a praza da Mosqueira ás agrupacións musicais de Lugo

Lugo, 13  de xuño de 2022. O Tenente Alcalde, Rubén Arroxo e a concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, Maite Ferreiro, presentaron a terceira edición ciclo de concertos Muralleando, que abrirá a nova Praza da Mosqueira ás distintas agrupacións musicais de Lugo. En total, 23 agrupacións mostrarán a súa música con concertos gratuítos que terán lugar os venres e sábados, a partir das 20:30, entre o 17 de xuño e o 27 de agosto.

Maite Ferreiro lembrou que "os concertos do Muralleando  apareceron xusto despois do confinamento, no ano 2020, co obxectivo de animar con música os distintos paseos das veciñas e veciños ao redor da Ronda da Muralla e ao mesmo tempo colaborando co tecido cultural local, que vira anulados moitos eventos", e afirmou que “dous anos despois xa está consolidado como unha das actividades culturais máis importantes para os meses de verán, continuando co espírito de ser o punto de encontro das agrupacións locais, e que este ano se ubicará na renovada Praza da Mosqueira, un espazo que está destinado a ser importante na programación cultural, e que despois do Muralleando acollerá un dos escenarios do San Froilán”.

Ferreiro destacou que a nova praza da Mosqueira “permite organizar actividades culturais e de ocio respectando a visión da gran concentración de patrimonio que hai nesta zona”, en referencia á propia Mosqueira e ao edificio racionalista do arquitecto Eloy Maquieira.

Programación Muralleando 2022

Xuño
17 – Mixtape

18 – Suda K S

24 - Caivanca

25 – Galician Army

30 – Banda Filarmónica de Lugo

Xullo
1 – Adrián Vigo

2 - Reviravolta

8 – Man de santo

9 – El último burro

15 – Branca Villares e Pablo Pintor

16 - Arrhytmia

22 – Proxecto Valley

23 – Milesios

29 – Minton’s Jazz

30 - Trinitá

Agosto
5 – Iria Estévez

6 - Filophóbicas

12 – Planeta B

13 - Carmela

19 - Vrásica

20 – The lonely tracks

26 – Airiños da freba

27 - Untides

Rubén Arroxo e Maite Ferreiro presentan o Muralleando 2022, que abrirá a praza da Mosqueira ás agrupacións musicais de Lugo