MAITE FERREIRO DESTACOU A IMPORTANCIA DE RAIOLAS "Á HORA DE MELLORAR A CALIDADE DE VIDA DAS PERSOAS CON TEA"
Rubén Arroxo e Maite Ferreiro reúnense coa nova directiva de Raiolas
O Tenente Alcalde e a edil de Cultura reafirmaron o compromiso da Tenencia de Alcaldía para "colaborar co tecido asociativo da cidade"
15 ago. 2025 - 20:13
Lugo, 15 de agosto de 2025. O Tenente Alcalde, Rubén Arroxo, xunto coa concelleira de Cultura, Maite Ferreiro mantiveron un encontro coa nova directiva de Raiolas. Maite Ferreiro destacou a importancia desta asociación "á hora de mellorar a calidade de vida das persoas con TEA e TCS".
A edil de Cultura afirmou que "desde as áreas da Tenencia de Alcaldía continuaremos a colaborar co tecido asociativo da cidade, especialmente con asociacións como Raiolas que realizan unha grande labor social na cidade", e destacou a colaboración en diferentes eventos, "como nas festas do San Froilán, onde habilitamos o posto de información turística da praza Maior como punto de recollida de cascos de protección para as nenas e nenos con TEA e TCS, facilitando que poidan desfrutar das festas".
Raiolas
Raiolas é unha asociación sen ánimo de lucro declarada no ano 2011 de Utilidade Pública, formada polos pais e nais de persoas con autismo e outros trastornos do Espectro do Autismo (TEA) e Trastornos da Comunicación Social (TCS), que traballa na provincia de Lugo. O seu obxectivo é a realización de todas as actividades que melloren a calidade de vida das persoas con autismo ou TEA/TCS e que procuren a súa plena integración familiar e social