A EDIL DE CULTURA LEMBROU QUE O FERIAL ABRIRÁ UN DÍA MÁIS CON PREZOS REDUCIDOS PARA CRIANZAS E ADULTOS
Rubén Arroxo e Maite Ferreiro visitan o recinto feiral do San Froilán
Durante o paseo coñeceron a situación dos e das profesionais das atraccións e postos
A edil de Cultura lembrou que o ferial abrirá un día máis con prezos reducidos para crianzas e adultos
Lugo, 11 de outubro de 2024. O Tenente Alcalde do Concello de Lugo, Rubén Arroxo, acompañado da concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, Maite Ferreiro, e demais cargos, visitou o recinto feiral das festas do San Froilán.
Durante o paseo, puideron coñecer de primeira man a situación dos e das profesionais das atraccións e dos postos, que destacaron a importancia de prolongar a actividade para compensar o impacto das inclemencias metereolóxicas causadas pola borrascas Kirk e que afectaron durante unhas horas á afluencia de público no recinto.
"A escoita activa e o diálogo cos sectores implicados é clave para un San Froilán que beneficie ás persoas que traballan e tamén ás que o visitan", explicou Ferreiro, quen valorou moi positivamente o acordo alcanzado dende a concellería de Cultura de prolongar ata o domingo día 13 á actividade do recinto feiral a prezos reducidos, tanto para crianzas como para persoas adultas.
Maite Ferreiro afirmou que "o San Froilán 2024 está a ser un gran éxito e desde o Concello de Lugo queremos facilitar que toda a veciñanza poida desfrutar das festas independentemente da súa situación económica".
O Tenente Alcalde subliñou o compromiso do Concello para seguir traballando en prol dun San Froilán inclusivo e beneficioso tanto para a veciñanza e visitantes como para as e os profesionais que participan e que fan que cada ano as festas sexan posibles.