ARROXO: "ESTAMOS DIANTE DUNHA ACTIVIDADE INDUSTRIAL NIN SOSTIBLE NIN MOITO MENOS CIRCULAR, TERÁ UNS FORTÍSIMOS IMPACTOS NO TERRITORIO E NO AMBIENTE"

Rubén Arroxo participou na recollida de alegacións ao proxecto de Altri posta en marcha por Galiza Nova, organización xuvenil do BNG


O BNG colocará unha mesa informativa sobre o proxecto, onde recollerá as alegacións da veciñanza, o vindeiro xoves entre as 18 e as 19:30 no cruce da rúa da Raíña coa praza Maior

Arroxo: "Estamos diante dunha actividade industrial nin sostible nin moito menos circular, terá uns fortísimos impactos no territorio e no ambiente"

O BNG reclama á Xunta o desenvolvemento dunha alternativa para a dinamización socioeconómica da Ulloa, a Terra de Melide e o Alto Ulla, co obxectivo de fomentar actividades sustentábeis que xeren emprego e que fixen e atraian poboación

Rubén Arroxo participou na recollida de alegacións ao proxecto de Altri posta en marcha por Galiza Nova, organización xuvenil do BNG



Lugo, 08 de abril de 2024. O portavoz do BNG no Concello de Lugo, Rubén Arroxo, participou na recollida de alegacións ao proxecto que a multinacional portuguesa Altri pretende realizar en Palas de Rei. Arroxo participou na iniciativa organizada por Galiza Nova, organización xuvenil do BNG e Erguer, estudantes da Galiza, e anunciou o apoio do BNG á recollida de alegacións ante un proxecto "que non será nin sostible nin moito menos circular, un proxecto tramitado cunha absoluta falta de transparencia e con enganos" afirmou Rubén Arroxo, que engadiu "durante máis de dous anos publicitouse unha factoría de fibras téxtiles e finalmente sóubose que o obxectivo principal será a produción de pasta de celulosa soluble, destinada preferentemente á exportación". O BNG colocará unha mesa informativa sobre o proxecto, onde recollerá as alegacións da veciñanza, o vindeiro xoves entre as 18 e as 19:30 no cruce da rúa da Raíña coa praza Maior

"O proxecto de Altri en Palas de Rei condicionará de maneira decisiva a política forestal, incrementando a eucaliptización e afectando aos equilibrios, á biodiversidade e ás cadeas de valor da industria forestal galega", afirmou Rubén Arroxo, que destacou que "a afección deste proxecto vai máis alá dos concellos da contorna, do río Ulla e da ría de Arousa, é un proxecto que atenta contra os intereses xerais de Galiza".

A planta ocupará case un millón e medio de metros cadrados con diversas instalacións industriais contaminantes e unha cheminea de 75 m de altura, afectando directa e negativamente a numerosos concellos da contorna. Rubén Arrroxo destacou que as emisións contaminantes da fábrica "chegarán ata Lugo, empeorando a calidade do aire da cidade", e destacou que terá unha importante afectación no Camiño de Santiago e na industria agrogandeira da zona, ademais do marisqueo da ría de Arousa.

Altri prevé un consumo de grandes cantidades de auga procedentes do río Ulla e o vertido dun voluminoso caudal de augas sometidas a depuración industrial máis contaminantes, que incidirán negativamente na calidade das augas, na biodiversidade e na produtividade tanto do río Ulla como da ría de Arousa, e afectará tamén ás actividades económicas e ao emprego na contorna, o que non compensa en absoluto os supostos beneficios da nova actividade industrial.

Rubén Arroxo participou na recollida de alegacións ao proxecto de Altri posta en marcha por Galiza Nova, organización xuvenil do BNG