O BUS URBANO SERÁ GRATUÍTO O DÍA 22 DE SETEMBRO, DÍA EUROPEO SEN COCHES

Rubén Arroxo presentou as actividades da Semana Europea da Mobilidade que buscan "promocionar o transporte público e os medios alternativos"

0IMG_0022
0IMG_0022

O bus urbano será gratuíto o día 22 de setembro, día Europeo sen coches

A praza Horta do Seminario acollerá actividades para as nenas e nenos, onde se poderá coñecer o funcionamento dun bus híbrido

Rubén Arroxo presentou as actividades da Semana Europea da Mobilidade que buscan "promocionar o transporte público e os medios alternativos"

 

Lugo, 15 de setembro de 2023. O Tenente Alcalde do Concello de Lugo e responsábel da área de Mobilidade, Rubén Arroxo, presentou as actividades que se organizarán pola Semana Europea da Mobilidade, que ten lugar anualmente entre o 16 e o 22 de setembro. Arroxo afirmou que "queremos promocionar o transporte público e os medios alternativos ante o vehículo privado, medios de transporte que permiten reducir a pegada de carbono e contribuír a crear unha cidade máis amable coas persoas".

A praza Horta do Seminario acollerá na xornada do venres 22 de setembro unha serie de actividades para toda a veciñanza, con postos de información sobre a Tarxeta Cidadá e as liñas do transporte urbano, ademais de contar cun autobús híbrido onde se realizarán actividades para as nenas e nenos que se acheguen.

Ademais, o Tenente Alcalde anunciou que o venres 22, todos os desprazamentos en bus urbano serán gratuítos, "trátase dunha iniciativa que poñemos en marcha cada ano e que sempre permite que a veciñanza poida probar o bus e comezar a utilizar este medio como o seu medio de transporte habitual".

A Semana Europea da Mobilidade é unha campaña de concienciación que busca sensibilizar á poboación en canto ao uso do transporte público e os medios de transporte alternativos. Celébrase anualmente desde o 2002 e, no 2023, colle o lema Eficiencia Enerxética, co obxectivo de concienciar na necesidade de reducir o consumo enerxético e fomentar a mobilidade sostible, promovendo o transporte activo e creando cidades habitables.

Rubén Arroxo presentou as actividades da Semana Europea da Mobilidade que buscan "promocionar o transporte público e os medios alternativos"