CONCELLEIRA DE PARTICIPACIÓN DESTACOU "A BOA RELACIÓN" ENTRE A ÁREA DE HUMANIZACIÓN DO HULA E O GOBERNO DE LUGO PARA UNHA ACTIVIDADE NA QUE PARTICIPARON MÁIS DE 100 PERSOAS
Cristina López participou na andaina a favor dos doentes crónicos organizada pola área de humanización do HULA
A actividade rematou cunha merenda saudable no soto da praza de Abastos
A Concelleira de Participación destacou "a boa relación" entre a área de Humanización do HULA e o Goberno de Lugo para unha actividade na que participaron máis de 100 persoas
Lugo, 15 de setembro de 2023. Cristina López, concelleira de Participación e Servizos para a Veciñanza, participou na andaina organizada pola área de Humanización do HULA en favor dos doentes crónicos. Cristina López destacou a "boa relación" que mantén a área de Participación xunto coa área de Humanización do hospital. "Acollemos o final dunha actividade solidaria que contou con máis de 100 persoas participando", explicou Cristina López, que engadiu "continuaremos colaborando coas distintas actividades que nos propoñan".
A andaina solidaria rematou na praza de Abastos, onde a área de Participación organizou unha merenda saudable para todas as persoas participantes nesta actividade.
O Goberno de Lugo apoiou unha vez máis as actividades solidarias relacionadas coa sanidade. No pasado, a área de Participación colaborou tamén con diversas asociacións en xornadas sobre enfermidades raras.