A COMISIÓN DE SEGUIMENTO DA ESTRATEXIA EDUSI REUNIUSE NO CONCELLO DE LUGO PARA ANALIZAR EN QUE SITUACIÓN SE ATOPA A XESTIÓN DOS FONDOS
Rubén Arroxo propuxo a creación dun polideportivo na Abella cos fondos EDUSI
Arroxo propuxo a creación dunha instalación deportiva aproveitando parte dos 12,5 millóns de euros cos que conta o programa
Lugo, 2 de marzo de 2019. Rubén Arroxo sinalou a carencia de instalacións deportivas nesta zona da cidade e lembrou que “o plan EDUSI recolle a zona da Abella como zona de posibles actuacións”. Na xuntanza de hoxe fixéronse propostas, dende o goberno municipal, para facer investimentos nesta zona da cidade e Rubén Arroxo aproveitou para propoñer a creación dunha infraestrutura deportiva que dea servizo nesa zona da cidade.
A cidade de Lugo ten carencia de instalacións deportivas cubertas e son moitos os equipos e agrupacións que precisan instalacións para adestramentos e competicións. Arroxo propuxo a creación dunha instalación deportiva aproveitando parte dos 12,5 millóns de euros cos que conta o programa e apuntou “a falta de ideas do goberno municipal e a necesidade de usar estes fondos en cousas que fagan que Lugo funcione”.