UN GRUPO DE PRETO DE 30 ALUMNOS E PROFESORES VISITARON HOXE O CONCELLO DE LUGO

Rubén Arroxo recibe no Concello a un grupo de estudantes e profesores de Erasmus procedentes de Francia


Un grupo de preto de 30 alumnos e profesores visitaron hoxe o Concello de Lugo

Arroxo agradeceu que escolleran Lugo para continuar coa súa formación

Rubén Arroxo recibe no Concello a un grupo de estudantes e profesores de Erasmus procedentes de Francia



Lugo, 26 de novembro de 2024. O Tenente Alcalde do Concello de Lugo, Rubén Arroxo recibiu no concello a un grupo de estudantes e profesores procedentes de Francia que están a realizar un intercambio no IES Muralla Romana de Lugo a través do programa Erasmus. Arroxo agradeceu ao grupo "que escolleran Lugo para continuar os seus estudos".

O Tenente Alcalde deu a benvida aos estudantes de Erasmus e animounos a visitar Lugo máis adiante, e destacou que "Lugo conta cunha gran riqueza patrmonial, etnográfica, cultural e gastronómica, que nos converten nun sitio ideal para visitar sen sufrir as grandes masificacións de outras zonas turísticas", e engadiu "as distintas áreas da Tenencia de Alcaldía traballamos para destacar o potencial de Lugo e converternos nunha cidade referencial á hora de visitar Galiza".

Arroxo mantivo un encontro co grupo e compartiu con estudantes e profesores a historia da cidade e do Concello, ademais de amosar os restos romanos que se poden ver nas dependencias municipais.

Rubén Arroxo recibe no Concello a un grupo de estudantes e profesores de Erasmus procedentes de Francia