A DEPUTADA AUTONÓMICA MONTSE VALCÁRCEL E O DEPUTADO AUTONÓMICO NINO FERNÁNDEZ VISITARON UNHA EXPLOTACIÓN DE CAPRINO E OVINO EN SAMOS
O BNG presenta no Parlamento unha batería de iniciativas para que as explotacións de ovino e cabrún tamén se lles fagan adiantos nos pagos da PAC
A deputada autonómica Montse Valcárcel e o deputado autonómico Nino Fernández visitaron unha explotación de caprino e ovino en Samos
Nino Fernández: " O sector ovino e cabrún ten que estar incluído nestes pagos adiantados, pois o non facelo é unha clara discriminación ao sector"
Samos, 27 de novembro 2024.- A deputada autonómica Montse Valcárcel acompañada polo tamén deputado autonómico Nino Fernández,e a alcaldesa de Samos, Chus López, visitaron unha explotación de cabrún e ovino en Samos.
As axudas da PAC están financiadas a través do Fondo Europeo Agrícola de Garantía Agraria (Feaga) e o Fondo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) e, logo da resolución de axudas presentadas, as comunidades autónomas poder realizar o pagamento anticipado entre o 16 de outubro e o 30 de novembro. Segundo a normativa UE este adianto da PAC pode chegar ao 70% do total das axudas.
A Xunta de Galicia anunciou que fará un pagamento adiantado do 26% ( non é capaz de chegar ao que a UE lle permite) pero só aos de gando vacún, "esquecesen de facer adianto a sectores que teñen a PAC e que tamén necesitan estas axudas para as súas explotacións como pode ser o sector ovino e o cabrún" explica o deputado nacionalista.
O sector ovino e cabrún debe ser incluído nestes adiantos "pois para o noso país estes sectores son importantes para manter os montes limpos para evitar incendios"continúa explicando Nino, "teñen tamén unha grande importancia para que non medre máis o abandono de terras agrarias" polo que a administración debería ser a primeira interesada en que estes sectores teñan apoio e poidan levar adiante a súas actividades
"Dende o BNG amosamos unha vez máis o noso rexeitamento a esta actitude da Xunta de Galiza de abandono das nosas explotación ás que non se lles abone en prazo as súas axudas. Unha actitude que impide que podan acceder aos seus cartos a diferenza doutras comunidades que si poñen á súa disposición o diñeiro das axudas que a UE lles permite", concluíu Fernández