A PROGRAMACIÓN CONTINUARÁ AO LONGO DO 30 DE NOVEMBRO COAS ACTUACIÓNS DAS CORAIS SOLO VOCES, CORO DO HOSPITAL E ORFEÓN LUCENSE, E O 1 DE DECEMBRO CUNHA XORNADA DE XOGOS TRADICIONAIS A CARGO DE XOTRAMU

Música, deporte e xogos tradicionais celebran o 24º aniversario da Muralla de Lugo como Patrimonio da Humanidade

O sábado 30 de novembro terá lugar unha andaina solidaria que destinará os fondos recadados á Sociedade Protectora de Animais e Plantas de Lugo e a Michos de Lugo

Rubén Arroxo: "Esta andaina non só apoia a protección animal, senón que tamén honra á nosa Muralla no seu 24 aniversario como Patrimonio da Humanidade"

A programación continuará ao longo do 30 de novembro coas actuacións das corais Solo Voces, Coro do Hospital e Orfeón Lucense, e o 1 de decembro cunha xornada de xogos tradicionais a cargo de Xotramu

Música, deporte e xogos tradicionais celebran o 24º aniversario da Muralla de Lugo como Patrimonio da Humanidade

 

 

Lugo, 27 de novembro de 2024. A concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, Maite Ferreiro presentou as actividades coas que o Concello de Lugo celebrará o 24 aniversario da Muralla como Patrimonio da Humanidade. Ferreiro afirmou que "o día forte será o sábado 30, cando contaremos con 3 audicións das corais lucenses ao longo de todo o día e cunha andaina solidaria, e o domingo 1 de decembro poderemos desfrutar dos xogos tradicionais de Xotramu". 

As corais Orfeón Lucense (13:00), Coro do Hospital (18:30) e Sólo Voces (20:00) estarán na Praza da Mosqueira ao longo de toda a xornada do 30 de novembro. As actividades continuarán cunha andaina solidaria destinada a apoiar a labor das entidades animalistas da cidade. Sairá ás 18:30 horas desde a Mosqueira e chegada na Rúa Virxe da Esperanza. O percorrido "inclúe algúns dos puntos máis emblemáticos da cidade, como a propia Ronda da Muralla, as rúas Bispo Aguirre e Ramón Ferreiro, Avenida de Madrid e, finalmente, a Rúa das Artes", explicou Maite Ferreiro.

A articipación nesta andaina é de balde, "pero as persoas que o desexen poderán contribuír mediante doazóns en efectivo, que se destinarán iegramente á Sociedade Protectora de Animais e Plantas de Lugo e a Michos de Lugo, ambas referentes na protección dos animais na nosa cidade e que desenvolven un traballo fundamental para fomentar a adopción e garantir o benestar animal", lembrou a edil de Cultura.

A celebración do 24 aniversario da Muralla como Patrimonio da Humanidade rematan o domingo 1 de decembro cunha xornada de xogos tradicionais a cargo de Xotramu, que terá lugar entre as 12:00 e as 14:00 na Mosqueira.

 

Música, deporte e xogos tradicionais celebran o 24º aniversario da Muralla de Lugo como Patrimonio da Humanidade