ARROXO ANUNCIOU QUE SE RENOVARÁ O ASFALTO DOS 510 METROS DESTE VIAL, INSTALANDO UNHA NOVA CAPA DE RODADURA BASEADA EN ASFALTO EN QUENTE
A concellería de Infraestructuras renova o asfalto da rúa Monte da Casilla
"Completamos a actuación integral comezada no 2023, cando se renovou o alumeado desta vía", afirmou o Tenente Alcalde
Arroxo anunciou que se renovará o asfalto dos 510 metros deste vial, instalando unha nova capa de rodadura baseada en asfalto en quente
Lugo, 24 de novembro de 2024. O Tenente Alcalde do Concello de Lugo, Rubén Arroxo, anunciou o inicio dos traballos de renovación da rúa Monte da Casilla. Arroxo anunciou que se realizará unha renovación integral do asfalto desta vía, "completando os traballos iniciados o ano pasado, cando renovamos integramente o alumeado, instalando novas luminarias LED".
A rúa Monte da Casilla parte da rúa dos Servizos e conta cunha lonxitude de 510m. A vía presenta un firme cun estado deficiente, polo que é preciso reaizar unha actuación de pavimentación integral para garantir unha axeitada funcionalidade da vía. Levarase a cabo a limpeza de firme, cunetas e tajeas en toda a lonxitude da vía, e reconstruirase o firme en todo o seu espesor. Posteriormente instalarase unha nova capa de rodadura baseada en mestura asfáltica en quente, que asegurará un selado do firme ante a acción da auga superficial e asegurará unha prolongada duración da actuación.
Unha vez pavimentadas as vías, adaptaranse os rexistros e renovarase a totalidade da sinalización horizontal.
O Goberno de Lugo inviste 29.380,01 € nesta intervención, que ten un prazo de execución de 5 semanas.