Rubén Arroxo visita os avances na renovación da rúa Aquilino Iglesia Alvariño

O Tentente Alcalde explicou que "con esta actación damos continuidade aos traballos de Lamas de Prado, renovando a quinta rúa con máis poboación de Lugo"

Arroxo: "continuaremos coa instalación de luminarias LED, avanzando na renovación da rede de alumeado público de Lugo"

Rubén Arroxo visita os avances na renovación da rúa Aquilino Iglesia Alvariño

Lugo, 03 de abril de 2023.O Tenente Alcalde, Rubén Arroxo, achegouse ata a rúa Aquilino Iglesia Alvariño, na contorna de Lamas de Prado, onde o Goberno de Lugo está a traballar na renovación integral do espazo público. Arroxo explicou que "continuamos coa renovación integral da contorna de Lamas de Prado, que comezou coa renovación da rúa principal, e que agora seguimos actuando na quinta rúa de Lugo máis poboada". Os traballos avanzan a bo ritmo “seguindo a planificación do persoal técnico do Concello e da empresa adxudicataria dos traballos”, explicou Arroxo.

A renovación desta rúa incluirá a mellora das actuais zonas peonís, con novo mobiliario urbano e ampliando o número de árbores instaladas na zona. Os pasos de peóns elevaranse, "avanzando tamén no calmado do tráfico en toda a cidade, unha das solicitudes que cada vez realizan máis veciñas e veciños de Lugo", explicou o Tenente Alcalde.

 

Instalarase novo alumeado público, avanzando na implantación de luminarias LED de baixo consumo, e engadindo novos puntos de luz nas beirarrúas e na zona de xogos que actualmente non contan con alumeado, o que eliminará as zonas escuras da zona..

 

O Tenente Alcalde afirmou que "desde o Goberno de Lugo seguimos actuando nunha zona da cidade que requería de moitas melloras no espazo público, garantizando espazos de convivencia para toda a veciñanza".
Rubén Arroxo visita os avances na renovación da rúa Aquilino Iglesia Alvariño