Constantino Alvite “Vilalba ten un potencial inmeso para a transformación de produtos do sector primario”
Acudiron á XXVII Festa do Queixo de San Simón da Costa o candidato do BNG á alcaldía de Vilalba acompañado pola deputada por Lugo no Parlamento galego, Olalla Rodil, e membros do BNG en Vilalba
Vilalba, 02 de abril 2023.- O candidato do BNG á alcaldía de Vilalba, Constantino Alvite, participou na XXVII Festa do Queixo de San Simón da Costa, na que estivo acompañado pola deputada por Lugo e viceportavoz do BNG no Parlamento de Galiza, Olalla Rodil, e membros do BNG en Vilalba.
Constantino Alvite declarou “Vilalba ten un potencial inmenso para a transformación de produtos do sector primario, a nosa gandaría é referencia, e debemos impulsalos para acadar ser a referencia da produción de alimentos da Terra Chá ”
Neste senso, o candidato nacionalista salientou ”desde o BNG temos un proxecto enfocado para o rural deste concello, no que lle imos dar a importancia que merece, porque aparte de impulsar o dinamismo económico temos que traballar para garantir servizos públicos”
De igual xeito, Constantino Alvite destacou que esta festa tamén supón unha cita para a cultura “temos que ampliar o contido cultural desta festa para convertela nunha cita imperdíbel do panorama cultural galego, e afianzala como unha festa de interese turístico galego”