O PORTAVOZ DO BNG LEMBROU QUE A PROPIA XUNTA DE GALIZA RECOÑECE QUE A ROLDA LESTE "NON É NECESARIA PARA REDUCIR A CONXESTIÓN DE NINGÚN OUTRO VIAL"

Rubén Arroxo: "A Xunta ten que protexer o Paseo do Rato e non seguir adiante cunha rolda Leste que destruirá o noso patrimonio natural"

O portavoz do BNG lembrou que a propia Xunta de Galiza recoñece que a rolda Leste "non é necesaria para reducir a conxestión de ningún outro vial"

Arroxo: "Non se pode destruír o cinto verde de Lugo para reducir un desprazamento en pouco máis de 3 minutos"

Rubén Arroxo: "A Xunta ten que protexer o Paseo do Rato e non seguir adiante cunha rolda Leste que destruirá o noso patrimonio natural"

 

Lugo, 17 de outubro de 2023. Rubén Arroxo, portavoz do BNG no Concello de Lugo, anunciou que o BNG retomará a campaña contra o trazado actual da rolda Leste despois do anuncio da Xunta de Galiza de contninuar adiante coa infraestrutura. Arroxo declarou que "a Xunta danos a razón ao recoñecer que é preciso realizar unha nova declaración de impacto ambiental, mais segumos a defender que manter o Parque do Rato é máis importante que crear unha nova vía na que o propio proxecto recoñece que é innecesaria para reducir a conxestión de outros viais".

Rubén Arroxo afirmou que "o Parque do Rato completa o cinto verde do concello de Lugo, un terreo natural que calquera outra cidade querería ter", e engadiu "desde o BNG seguiremos traballando para que non se destrúan as zonas verdes de Lugo para crear unha nova autovía". Segundo destacou o portavoz do BNG, "Lugo avanzou moito na sustentabilidade urbana e na reducción da pegada de carbono a través das accións do BNG no goberno municipal, hoxe vemos como o PP pretende dar un paso atrás  e destruír o unha das zonas verdes que máis desfrutan as veciñas e veciños".

Arroxo lembrou a reclamación do BNG para que o investimento previsto para a Rolda Leste se adique a recuperar o barrio da Tinería. Segundo Rubén Arroxo "trasladando o orzamento que gardan para a rolda Leste neste ano, o barrio da Tinería poderá avanzar e poñerse ao nivel que merece como zona histórica da cidade ".

O BNG presentou unha serie de alegacións ao proxecto constructivo da Rolda Leste. A Xunta de Galiza da a razón ás alegacións do BNG, que reclamaban unha nova Declaración de Impacto Ambiental do proxecto, dado que a orixinal que data do ano 2005, e reclama reclama tamén unha maior protección do trazado afectado na Vía Künig, onde o propio proxecto recoñece unha afectación de 68 metros, recoñecemento que, segundo o BNG, "fai que sexa convinte acelerar o estudo da vía coa fin de non causar prexuízos que sexan irreparables a longo prazo".

No referente ao tráfico, o propio estudo incluído no proxecto recoñece que o nivel agardado pode ser absorbido polas vías existentes, "o que converte en inútil eliminar ese terreo do paseo do Rato, un espazo verde envexable para moitas cidades", sentenciou Rubén Arroxo.

Rubén Arroxo: "A Xunta ten que protexer o Paseo do Rato e non seguir adiante cunha rolda Leste que destruirá o noso patrimonio natural"