A CANDIDATA AFIRMOU “BECERREÁ PRECISA DA PRESENZA DO BNG”

Sabela Pérez encabezará a candidatura do BNG en Becerreá e Ovidio Montaña ocupará o segundo posto

20190320 Candidatura Becerreá

Pérez será candidata á alcaldía por que “sabemos do potencial do noso concello” e para “impulsar o futuro de Becerreá con ilusión” 

Sabela Pérez encabezará a candidatura do BNG en Becerreá e Ovidio Montaña ocupará o segundo posto

 

 

 

 

 

Becerreá, 20 de marzo de 2019.  O BNG presentou á candidata á alcaldía de Becerreá para as eleccións municipais de maio. Sabela Pérez, quen volve encabezar a lista do BNG, indicou que “transparencia, traballo, honradez e ilusión son as bases do proxecto que temos dende o BNG para mellorar Becerreá”. Dende o BNG estase traballando para aportar ao concello un cambio responsable “que favoreza a participación activa da veciñanza na vida municipal, sendo atendida polo goberno do concello sen discriminacións”.

 

“Estamos recibindo mostras de apoio por que se percibe ao BNG como unha forza renovada, en claro ascenso, cun proxecto para Becerreá e para Galiza e temos o respaldo de moitos anos de traballo serio e rigoroso” dixo Sabela Pérez, quen indicou que “temos un equipo para gobernar, formado por persoas de recoñecida solvencia e integridade”.

 

Ovidio Montaña, quen ocupa o segundo posto da lista, indicou que “apostamos polo mantemento de carballeiras e soutos para a explotación sostible de madeiras nobres e froitos complementarios, tamén defenderemos as explotacións gandeiras da zona por que son a base do mantemento da comarca”, así como “potenciar o asentamento de empresas para crear riqueza e emprego en Becerreá”.

Sabela Pérez encabezará a candidatura do BNG en Becerreá e Ovidio Montaña ocupará o segundo posto