CON ESTA ACTUACIÓN AUMENTARANSE NUN 10% OS POSTOS DISPOÑÍBEIS, REGULARIZANDO ADEMÁIS OS POSTOS DO “MERCADO PARALELO” DO APARCADOIRO DO AUDITORIO
Durante esta semana reorganizarase e mellorarase o mercado do parque de Frigsa
Trátase dunha actuación demandada tanto pola veciñanza como por vendedores do mercado
Lugo, 05 de agosto de 2019. A concelleira de Participación e Servizos para a Cidadanía, Cristina López, e o concelleiro de Infraestruturas, Alexandre Penas, visitaron as obras da mellora do mercado parque de Frigsa. Aproveitando o pintado dos espazos, reordenouse e aumentouse o número de postos dispoñibles. “Trátase dunha actuación demandada tanto polos veciños e veciñas como polos vendedores do mercado”, indicou Alenxandre Penas, e engadiu, “agardamos que para este venres as melloras estén concluídas”.
Con esta actuación tamén se pretende ordenar a colocación de postos no mercado paralelo que se establecía no aparcadoiro do auditorio, zona que foi conflictiva e requiriu en anteriores ocasións da intervención da Policía Local. Dende a concellería de Participación e Servizos para a Cidadanía, avanzouse que se seguirá traballando para manter e mellorar os mercados que se levan a cabo neste recinto municipal.
Con esta nova ordenación, onde se crean once novos postos, o mercado de Frigsa pasará a ter un total de 105 postos.