A Tenencia de Alcaldía amañou máis de 250 bancos en toda a cidade no presente mandato
Alexandre Penas: "trátase de intervencións de moi baixo custo, que permite mellorar a imaxe da zona urbana e garantir o bo estado das instalacións públicas"
O edil de Infraestruturas explicou que “estas actuacións permiten aforrar o 70% do custo de adquirir un banco novo”
Lugo, 15 de xaneiro de 2023. O Concelleiro de Infraestruturas Urbanas, Alexandre Penas, fixo balance do traballo realizado pola Tenencia de Alcaldía na renovación dos bancos da zona urbana. Penas explicou que “nestes anos realizamos distintas intervencións, mellorando máis de 250 bancos en toda a cidade, o que mellorou enormemente a imaxe da cidade e garantiu que as veciñas e veciños poidan desfrutar dunhas instalacións públicas de calidade, con intervencións que ademais supoñen un custo moi baixo para o concello”.
Os traballos executados nos bancos, consistente na preparación dos listóns e na aplicación dun producto protector para a madeira, garante a boa durabilidade dos bancos reparados e permite ao concello aforrar preto do 70% do custo de adquirir un banco novo.
"Esta actuación complementa ao traballo realizado pola brigada municipal de vías e obras, que realiza unha importante labor de reparación nas distintas infraestruturas do concello e no mantemento da cidade", lembrou o edil de Infraestruturas, que puxo en valor o traballo da Brigada, “moitas veces trátanse de pequenos arranxos, que a brigada municipal de obras trata de resolver no menor tempo posíbel para garantir o bo estado da cidade”, afirmou Alexandre Penas.
Penas lembrou a importancia de que a veciñanza faga chegar as súas necesidades ás distintas áreas do goberno municipal. "As veciñas e veciños de cada zona saben de primeira man as necesidades da súa zona", declarou o concelleiro, e engadiu "moitas veces trátanse de pequenos arranxos, que a brigada municipal de obras trata de resolver no menor tempo posíbel para garantir o bo estado da cidade".