RUBÉN ARROXO: "É UNHA OPORTUNIDADE PARA QUE A SOCIEDADE LUCENSE MOSTRE UNHA VEZ MÁIS O SEU APOIO A UNHA ENTIDADE QUE LEVA DÉCADAS SENDO REFERENCIA NA CIDADE"

A Tenencia de Alcaldía apoia a gala solidaria da asociación Auxilia Lugo

O evento terá lugar o vindeiro 12 de setembro ás 18:30 horas no Auditorio Municipal Gustavo Freire

Rubén Arroxo: "É unha oportunidade para que a sociedade lucense mostre unha vez máis o seu apoio a unha entidade que leva décadas sendo referencia na cidade"

A Tenencia de Alcaldía apoia a gala solidaria da asociación Auxilia Lugo

 

 

Lugo, 02 de setembro de 2025. O Tenente Alcalde do Concello de Lugo, Rubén Arroxo, presentou xunto a membros de Auxilia Lugo a gala solidaria que a asociación lucense celebrará o vindeiro 12 de setembro ás 18:30 horas no Auditorio Municipal Gustavo Freire.

O evento contará coas actuacións de Adrián Vigo, Airiños de Orbazai e Milesios, e ten como obxectivo recadar fondos para apoiar a labor social que desenvolve Auxilia Lugo. As entradas solidarias teñen un prezo de 10 euros (fila 0: 8 euros) e sortearanse diversos agasallos entre o público asistente.

Rubén Arroxo destacou "o traballo fundamental que realiza Auxilia Lugo en prol das persoas con diversidade, fomentando a integración e a igualdade de oportunidades". Esta gala, explica o Tenente Alcalde, "é unha oportunidade para que a sociedade lucense mostre unha vez máis a súa solidariedade e apoio a unha entidade que leva décadas sendo referencia na cidade".

A Tenencia de Alcaldía pon en valor a importancia de recoller as achegas e propostas de Auxilia Lugo en materia de mobilidade e accesibilidade, mantendo un contacto permanente coa asociación para mellorar o día a día das persoas con mobilidade reducida.

Neste marco de colaboración, Rubén Arroxo lembrou anteriores visitas realizadas a instalacións municipais do Concello de Lugo, onde se analizaron xunto con integrantes de Auxilia "as necesidades de accesibilidade co obxectivo de garantir que o equipamento fose plenamente inclusivo para toda a veciñanza", insistiu.

O Tenente Alcalde reafirmou o seu compromiso de seguir colaborando con Auxilia Lugo e con outras entidades sociais da cidade, impulsando accións que favorezan a inclusión e a accesibilidade universal. "Iniciativas como esta gala contribúen non só a apoiar o labor das asociacións, senón tamén a fortalecer un modelo de cidade máis xusta e igualitaria", explica Arroxo.

A Tenencia de Alcaldía apoia a gala solidaria da asociación Auxilia Lugo