MAITE FERREIRO: "CONTINUAMOS A TRABALLAR NA DIFUSIÓN DA DANZA E DAS ARTES DO MOVEMENTO CUNHA NOVA COLABORACIÓN COAS ESCOLAS LUCENSES"

A Tenencia de Alcaldía colabora co segundo festival das escolas de danza de Lugo


Maite Ferreiro: "Continuamos a traballar na difusión da danza e das artes do movemento cunha nova colaboración coas escolas lucenses"

As distintas escolas realizarán mostras na rúa entre o 24 de abril e o 4 de maio, e o auditorio municipal acollerá un espectáculo de fusión de distintos estilos o vindeiro 6 de maio

A Tenencia de Alcaldía colabora co segundo festival das escolas de danza de Lugo



Lugo, 14 de abril de 2024.A concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, Maite Ferreiro, presentou a segunda edición do festival de danza organizado polas escolas de Lugo "primavera e danza", que conta coa colaboración da Tenencia de Alcaldía do Concello de Lugo a través da área de Cultura. "Renovamos o noso apoio coas escolas de Lugo para continuar a difundir a danza e as súas distintas formas, aproveitando as rúas como un gran escenario para as distintas agrupacións", explicou Maite Ferreiro, que estivo acompañada por integrantes das distintas escolas de danza lucenses na presentación.

O festival celebrarase entre o 24 de abril e o 4 de maio, coas distintas escolas realizando exhibicións no fondo da praza Maior, e rematará o 6 de maio cun un espectáculo de fusión de distintos estilos que terá lugar no Auditorio Municipal Gustavo Freire a partir das 20:00.

Ferreiro afirmou que con esta iniciativa a Tenencia de Alcaldía continúa a apoiar á danza "aumentando a nosa aposta, despois de contar cunha programación estable de danza ao longo de todo o ano".

Datas danza na rúa
- ⁠Oxeito, 24 de abril 18:30.
- ⁠Star Dance, 26 de abril 17:00.
- Escola Palimoco de teatro e danza, 27 de abril 13:00.
- Gravitty, 27 abril 16:30.
- ⁠Magie Dance, 28 abril 12.00.
- ⁠Victoria, 3 maio 18:00.
- Mercedes, 4 de maio 19:00.

A Tenencia de Alcaldía colabora co segundo festival das escolas de danza de Lugo