A Tenencia de Alcaldía completa a renovación da praza de Alacante
"Renovamos a pavimentación e o mobiliario urbano, instalando máis bancos e sen afectar á dispoñibilidade de estacionamento", explicou Rubén Arroxo
Coa renovación da praza creouse unha zona diferenciada para o tránsito peonil “aumentando a seguridade viaria na zona”, afirmou o Tenente Alcalde
Lugo, 25 de marzo de 2023. O Tenente Alcalde e responsábel de Mobilidade, Rubén Arroxo, anunciou que vén de rematar a renovación da praza de Alacante, no barrio da Milagrosa. "Trátase dunha zona que estaba nun avanzado estado de desgaste, o que fixo precisa unha actuación integral que permita renovar a pavimentación, poñendo solución ás zonas de socavóns e garantise a accesibilidade", explicou Rubén Arroxo.
A solución que executada pola área de Mobilidade e Infraestruturas consistiu na renovación integral do pavimento, creando dúas zonas diferenciadas para o tránsito peonil e dos vehículos, mantendo as zonas de estacionamento, ademais da renovación do mobiliario urbano, ampliando o total de bancos instalandos na zona, e cunha nova disposición que permitirá unha maior comodidade á veciñanza. Ademais, habilitáronse novas papeleiras e xardineiras.
O Goberno de Lugo continuou nesta intervención coa renovación da rede de alumeado público municipal, eliminando luminarias de vapor de sodio, e instalando LEDs, de baixo consumo, e cun alumeado uniforme en toda a extensión da praza. Arroxo lembrou que “neste mandato substituímos máis de 5.000 luminarias con elementos contaminantes por LED, reducindo enormemente o consumo enerxético da rede de alumeado público”, afirmou Arroxo.