A Tenencia de Alcaldía continúa coa renovación do asfalto no barrio da Cheda

Rubén Arroxo: "continuamos a mellorar os espazos públicos de todas as zonas de Lugo, garantindo o benestar da veciñanza"

Vense de renovar a vía que comunica o barrio coa N-VI e o primeiro treito da rúa Azúmara

A Tenencia de Alcaldía continúa coa renovación do asfalto no barrio da Cheda

Lugo, 26 de marzo de 2023. O Tenente Alcalde, Rubén Arroxo, anunciou que o Goberno de Lugo continúa a coa renovación dos espazos públicos no barrio da Cheda. Arroxo explicou que a Concellería de Infraestruturas vén de renovar a unión da N-VI coa rúa Río Azúmara e no primeiro treito desta.

A solución executada pola Concellería de Infraestruturas consiste na creación dunha nova baseada en mestura asfáltica en quente, o que asegurará o selado do firme ante a acción da auga superficial, garantindo que a intervención sexa duradeira. Unha vez rematado o asfaltado, adaptáronse os rexistros á nova cota da vía e renovouse a sinalización horizontal.

Arroxo explicou que "desde o Concello traballamos no arranxo integral da rúa Pousadela ata a ronda do Carme, o pintado da sinalización horizontal, o asfaltado da rúa Río Sar e outras actuacións neste barrio". As intervencións neste barrio complementan outras obras feitas en diversos barrios da cidade como Albeiros, As Gandaras ou Castelo.

Arroxo lembrou que "desde o Goberno de Lugo traballamos na atención aos distintos barrios, atendendo ás peticións das veciñas e veciños sobre as zonas nas que desenvolven a súa vida". "As peticións da veciñanza, xunto coas visitas que realizamos por toda a cidade permítennos planificar o traballo que realizamos, buscando mellorar a calidade de vida  e o benestar das veciñas e veciños", afirmou o Tenente Alcalde.

A Tenencia de Alcaldía continúa coa renovación do asfalto no barrio da Cheda