MAITE FERREIRO, RESPONSÁBEL DE PROMOCIÓN DA LINGUA, AFIRMOU QUE "ESTA É UNHA DAS MEDIDAS QUE POÑEMOS EN MARCHA FROITO DA PLATAFORMA LUGO POLA LINGUA"

A Tenencia de Alcaldía facilita cartelería en galego para o comercio local


Maite Ferreiro, responsábel de Promoción da Lingua, afirmou que "esta é unha das medidas que poñemos en marcha froito da plataforma Lugo pola Lingua"

A edil visitou un dos negocios do centro da cidade que xa colocaron a cartelería das rebaixas en galego

A Tenencia de Alcaldía facilita cartelería en galego para o comercio local



Lugo, 11 de xaneiro de 2025. A concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, Maite Ferreiro anunciou que a Tenencia de Alcaldía enviou aos comercios da cidade unha serie de carteis para anunciar as rebaixas utilizando a lingua galega. Ferreiro afirmou que esta é unha das medidas impulsadas pola Alianza Lugo pola Lingua, impulsada desde o Concello de Lugo e permite "visibilizar que a nosa lingua pode ser utilizada en calquera situación, facilitando a veciñanza se anime a falar en galego e colaborando desde o Concello de Lugo para reverter unha situación tan grave como a que vive neste momento a lingua galega".

Segundo os últimos datos publicados, un de cada tres menores saben pouco o nada de galego e só o 7% dos nenos e nenas entre 5 e 14 anos falan galego sempre, "14 anos despois do decreto antigalego do PP, cunha xeración educada íntegramente nesta normativa, estamos vendo como as persoas máis novas están a perder a capacidade de utilizar a nosa lingua", afirmou Maite Ferreiro.

A edil de Promoción da Lingua afirmou que "é necesario tomar medidas reais e inmediatas que permitan reverter unha situación tan grave como a que temos neste momento coa lingua" e presentou ás asociacións e colectivos presentes "un decálogo de medidas básicas para promocionar o uso do galego e garantir que a nosa lingua non desapareza".

 

A Tenencia de Alcaldía facilita cartelería en galego para o comercio local