O CONCELLO DE LUGO ACORDOU INSTITUCIONALIZAR O DÍA DA GALIZA MÁRTIR EN FEBREIRO DE 2020
A Tenencia de Alcaldía e a Vicepresidencia da Deputación realizarán un acto de homenaxe ás persoas represaliadas polo franquismo no día da Galiza Mártir
O vindeiro luns, 18 de agosto, a partir das 12:00 o Vello Cárcere acollerá un acto "par manter viva a memoria das persoas que foron asasinadas por defender os seus dereitos"
14 ago. 2025 - 19:38
Lugo, 14 de agosto de 2025. Maite Ferreiro, concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, convidou a todas e todos os lucenses a participar na homenaxe institucional a todas as persoas represaliadas polo franquismo organizada pola Tenencia de Alcaldía do Concello e a Vicepresidencia da Deputación de Lugo, coincidindo coas celebracións do Día da Galiza Mártir. O acto terá lugar o vindeiro luns, 18 de agosto a partir das 12:00 no Vello Cárcere, dentro do compromiso do Goberno de Lugo para "continuar a manter viva a memoria de todas as persoas que foron asasinadas por defender os seus ideais". Durante o acto, Maite Ferreiro dará lectura do manifesto elaborado pola fundación Alexandre Bóveda para o día da Galiza Mártir de 2025.
Con esta acción desde o Concello e a Deputación de Lugo continúan a traballar na rehabilitación da figura de Alexandre Bóveda, quen foi vítima dun falso proceso xudicial en Pontevedra, e de todas as persoas mártires da liberdade que el simboliza na memoria histórica e democrática do pobo galego.
O Concello de Lugo acordou institucionalizar a celebración do Día da Galiza Mártir en febreiro do ano 2020, e desde a área de Cultura realizouse a primeira homenaxe o 17 de agosto nese ano.