A veciñanza de Rafael de Vega di si á peonalización
As veciñas e veciños convocaron un referendo para decidir o futuro da rúa
Rubén Arroxo: “ a colaboración de todas e todos é vital para a transformación do Lugo do futuro”
Lugo, 05 de decembro de 2020. A veciñanza da rúa Rafael de Vega convocou ás urnas a todas ás persoas da contorna para decidir sobre unha posíbel humanización do espazo público na devandita rúa. Este acto democrático e de participación cidadá trátase do primeiro que se desenvolve en Lugo.
Cunha participación do 60%, o resultado desta consulta foi do 54 % afirmativo e o 12 % abstívose, o que permite que Rafael de Vega mude a súa estética e comecen nos vindeiros meses a súa intervención.
O Tenente de Alcalde, Rubén Arroxo, e o concelleiro de Infraestruturas urbanas, Alexandre Penas, deron os parabéns as veciñas e veciños e alegráronse pola decisión tomada, no que Rubén Arroxo destacou que “este exercicio democrático pon de relevo que a colaboración de todas e todos é vital para a transformación do Lugo do futuro”
O Tenente de Alcalde explicou que este proxecto de humanización será incluído nos vindeiros orzamentos municipais 2021, no que resaltou “con esta intervención as persoas gañarán espazo, polo que serán máis sans e con maior amplitude” explicou Rubén Arroxo.
Coa posta en marcha do proceso de humanización neste barrio, axudará a construír espazos comúns para as persoas, no que Rubén Arroxo sinalou “trátase dun barrio con moita poboación no que agora carece de zonas para as persoas, con esta intervención e aproveitando o tramo máis chan, poderemos dotar de zonas verdes para o lecer e a socialización”