O Vello Cárcere acolleu 253 actividades e preto de 8500 visitantes nos catro primeiros meses do ano
Maite Ferreiro: “o Vello Cárcere é un dos principais atractivos turísticos e culturais de Lugo, e acolle ao longo do ano unha gran cantidade de actividades de calidade”
O Vello cárcere acolle distintas actividades culturais que se unen á programación propia do centro
Lugo, 29 de maio de 2022. A concelleira de Cultura de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, Maite Ferreiro, informou da actividade acollida polo Vello Cárcere nos catro primeiros meses do ano. Maite Ferreiro explicou que “as instalacións do Vello Cárcere son un dos principais atractivos turísticos de Lugo, e desde a área de Cultura continuamos a fomentar que a veciñanza e as persoas que nos visitan se acheguen a esta instalación achegando distintas actividades culturais de calidade”.
En total, o cárcere acolleu 254 actividades culturais entre xaneiro e abril de 2022. Deste total, 191 corresponden á actividade propia do centro (173 obradoiros e 18 sesións dos distintos clubes de lectura). O resto de actividades correspóndense ás distintas actuacións escénicas (contacontos, concertos e actividades diversas como xornadas formativas ou conferencias), presentacións de libros, exposicións e concertos, chegando a 53 actos e 9 exposicións.
Entre os meses de xaneiro e abril, as instalacións recibiron 8474 visitantes en total, e as redes sociais do centro recibiron 154.949 visitas. “Continuamos a traballar en achegar propostas culturais de calidade para garantir que toda a veciñanza teña acceso a un ben de primeira necesidade como é a cultura e o coñecemento", afirmou Maite Ferreiro.