CARME AIRA "UN PREMIO QUE PON EN VALOR LÁNCARA E O SEU COMPROMISO COA CULTURA GALEGA"
Carme Aira asistiu á entrega da XXI edición dos Premios Facer País
Carme Aira acompañou ao do concelleiro do BNG, Iago Bande e a compañeiros do BNG de Láncara
Carme Aira "Un premio que pon en valor Láncara e o seu compromiso coa cultura galega"
Lugo, 19 de novembro de 2023. A deputada do BNG no Parlamento de Galiza Carme Aira, acompañada do concelleiro do BNG de Láncara, Iago Bande e compañeiros do BNG desa localidade asistiu á XXI edición dos premios Facer País, que desta volta recaeu na cantora María Xose Silvar "Ses"
A deputada nacionalista puxo en valor o traballo realizado polas asociacións que dan este premio. "Uns premios que poñen en valor Láncara e o seu compromiso coa cultura galega" declara Carme Aira, "unha cultura, a galega, que precisamos que sexa espallada por todo o país e polo que no BNG apostamos decididamente" afirma a deputada.
Carme Aira tamén felicitou a premiada deste ano María Xosé Silvar "Ses" recoñecida cantora popular galega que coas súas cancións lle pon voz as inxustizas sociais e de xénero que padecemos nesta sociedade.