VOTAR AO BNG-ASEMBLEAS ABERTAS É GARANTÍA DUN BEGONTE VIVO, DEMOCRÁTICO E CON FUTURO
Querémoslle ao noso Concello, por iso co BNG-Asembleas Abertas no goberno de Begonte traballaremos incansablemente para construír un Begonte con futuro, dixo María Xosé Pardo.
Begonte, 11 de maio do 2015. O BNG-Asembleas Abertas presentou a candidatura coa que concorrerá ás eleccións municipais no concello de Begonte. María Xosé Pardo Redondo, de 26 anos, debuta como candidata a alcaldía, aínda que xa participou en candidaturas do BNG na localidade en ocasións anteriores.
A candidata nacionalista defendeu que votar ao BNG-Asembleas Abertas é garantía dun Begonte vivo, democrático e con futuro. Queremos construír un Concello aberto ás veciñas e veciños, con transparencia, traballo, honradez e ilusión para construír entre todas e todos un Begonte mellor sinalou.
María Xosé Pardo Redondo defendeu que co BNG-Asembleas Abertas o concello terá un papel activo favorecendo o desenvolvemento económico. Impulsará o autoemprego asociado á agricultura e á gandeiría, aproveitando as nosas potencialidades neste ámbito para crear postos de traballo, dixo.
Begonte necesita servizos que favorezan a conciliación da vida laboral e familiar, que contribúan a que a xente nova quede aquí. A construción dunha gardería é unha prioridade para nós, defendeu María Xosé Pardo.
O coidado e valorización do patrimonio natural e cultural, habilitar os locais socias nas parroquias para usos culturais e deportivos das distintas asociacións, porlle fin á situación de abandono do concello, amañando as estradas e comunicacións e esixíndolle á Xunta e a Fomento que tomen medidas para correxir as inundacións, son outras das propostas do BNG-Asembleas Abertas que defendeu a candidata nacionalista.
Querémoslle ao noso Concello, por iso co BNG-Asembleas Abertas no goberno de Begonte traballaremos incansablemente para construír un Begonte con futuro, concluíu María Xosé Pardo.
CANDIDATURA DO BNG-ASEMBLEAS ABERTAS
CONCELLO DE BEGONTE
1. María Xosé Pardo Redondo
- 2. María Mar Prado Cruz
- 3. Begoña Ferreiro Veiga
- 4. Xabier Pichín Redondo
- 5. Luis Vizcaíno Barreiro
- 6. Manuela Castro López
- 7. Xosé Manuel Rodríguez Rodríguez
- 8. María José Blanco Fernández
- 9. Andrei Quntiá Pastrana
10. Margarida Frá Pérez
11. Félix Corredoyra Corredoyra