O BNG CREOU O ÚLTIMO SERVIZO CON PERSOAL MUNICIPAL, A GRÚA PODE SER O SEGUINTE
Hai que apartar do concello de Lugo todo ese entramado de corrupción que se creou arredor das empresas adxudicatarias dixo Arroxo
A candidatura do BNG Asambleas Abertas fixo un acto símbólico diante do concello como sinal do seu compromiso por apostar pola remunicipalización de servizos
Lugo, 10 de maio 2015. As persoas que conforman a candidatura do BNG Asambleas Abertas no concello de Lugo simbolizaron o seu compromiso por apostar pola remunicipalización de servizos. Rubén Arroxo lembrou que despois de moitos anos de constante desmantelamento dos servizos públicos municipais, foi o BNG quen creou a Escola Municipal de Música, con persoal municipal e con xestión municipal, sen empresas nin intermediarios, e hoxe todo Lugo pode estar orgulloso deste servizo para a xente, que funciona de xeito exemplar grazas á integridade e compromiso dos traballadores e funcionarios que nela se implicaron.
A concesión do servizo municipal de retirada de vehículos remata no vindeiro mes de decembro. Para o BNG Asambleas Abertas está claro que é factible recuperar o servizo de guindastre para a xestión municipal directa PP e PSOE dirán que é imposible por que lles interesa manter empresas apesebradas no concello sinalou Arroxo e engadiu que e dirán que non se pode dotar o servizo de persoal dende o concello pero vimos neste último ano como se crearon postos de segunda actividade para a policía municipal sen ter en conta esta posbilidade.
Hai que apartar do concello de Lugo todo ese entramado de corrupción que se creou arredor das empresas adxudicatarias dixo Arroxo. A candidatura do BNG Asambleas Abertas aposta pola recuperación das concesións municipais e aclárase que sabemos do que falamos e que non é sinxelo facelo de xeito inmediato pero hai que avanzar neste sentido apuntou Rubén Arroxo por que tamén temos claro que as concesións a empresas privadas serve para o enrriquecemento de dous ou tres e para a precariedade laboral de quen fai o traballo.
O BNG Asambleas Abertas non ten compromisos nin débedas con Florentino Pérez, nin coas grandes empresas asentadas en Madrid que levan máis de 3.000 millóns de euros dos concellos galegos pola prestación de servizos privatizados. O BNG Asambleas Abertas defende os dereitos dos traballadores como se demostrou en Lugo durante a folga de Urbaser onde o BNG foi a única forza política que mantivo de principio a fin unha defensa inquebrantable da postura dos traballadores e traballadoras.