O BNG pide o arranxo do Caneiro da Acea de Olga que “xa perdeu un tramo dende o 2015” advertiu Arroxo
Ediles do BNG repetiron a imaxe coa que, no ano 2015, reclamaban o arranxo do Caneiro e na que se aprecia o deterioro e a desaparición dun tramo
Ediles do BNG repetiron a imaxe coa que, no ano 2015, reclamaban o arranxo do Caneiro e na que se aprecia o deterioro e a desaparición dun tramo
O BNG denuncia novamente a falta de interese do goberno municipal polo bus urbano
“O bus non funciona e a alcaldesa mira para outro lado” afirmou Rubén Arroxo
Lugo, 25 de xuño de 2018. O BNG volve denunciar a falta de interese do goberno municipal a respecto do transporte público, ao igual que os incumprimentos con Lugo. Este 26 de xuño cúmprese un ano dende que, segundo o contrato, tiña que estar funcionando un sistema actualizado de liñas, cuestión que non está a acontecer. O voceiro municipal do BNG, Rubén Arroxo lembraba que hai pouco máis dun ano a alcaldesa de Lugo anunciaba ante os medios que con esta actualización se ían pasar dos 8.200 desprazamentos diarios neste medio de transporte a 44.000 “todo o que nos vendeu a alcaldesa de Lugo a respecto do transporte público foi fume, e estanse a incumprir tanto o contrato como os acordos plenarios” afirmou o concelleiro do BNG. Dende o grupo nacionalista lembran que tanto no pleno de setembro como no de decembro do 2017 aprobouse por unanimidade unha proposición do BNG para que a alcaldesa convocase aos grupos, en menos de 15 días, para explicar porque se mantiña paralizado o proceso de actualización das liñas dos buses, e malia a todo a día de hoxe nin se actualizaron as liñas, nin se convocou aos grupos.
Arroxo explicou que “a ninguén se lle escapa que o actual deseño das liñas é totalmente obsoleto e hai servizos que son absolutamente deficientes”. “Non se ten en conta a creación dun novo polígono nas Gándaras, nin da existencia do HULA, nin as necesidades de moitas zonas do rural, nin se tivo en conta as suxestións de moitas persoas e colectivos que presentaron propostas nos prazos previos á adxudicación” afirmou o voceiro do BNG.
Paneis informativos e APP
Dende o BNG lembran tamén que tanto os paneis informativos como a APP seguen sen funcionar, malia que deberan estar en funcionamento dende xuño do 2016 “o goberno municipal só pon escusas absurdas sobre que os sistemas dixitais do transporte público sigan parados, cando a realidade é que amosan un desinterese absoluto”.
A rotonda da Tolda
Tal e como denunciou o BNG o pasado mes de marzo, tres liñas de bus (a 1, a 7 e a 10) están dilapidando 20.000€ anuais dando 12.000 voltas ao ano á rotonda da Tolda sen que haxa paradas entre as Pedreiras e esta. Anteriormente os buses xiraban na rotonda das Pedreiras, pero unha modificación inxustificable levounos alí creando un derroche absurdo de cartos públicos que seguen sen solventarse.
Os buses non poden cumprir os horarios
“Pedimos en numerosas ocasións que se eliminen os semáforos da Ronda coa velocidade a 30km/h pero o goberno non fixo nada, agora os autobuses non poden cumprir coas limitacións de velocidade e os horarios ao mesmo tempo” afirmou Arroxo e explicou “non é posible que un autobús salga da parada de diante de sindicatos e chegue en 20 minutos a Garabolos”. Sen unha reestruturación das liñas os buses urbanos non poden cumprir os horarios e o goberno municipal debería estar traballando neste asunto.
Para o BNG “é mostra da falta de planificación deste goberno que lles impediu a miles de visitantes a unha festa histórica disfrutar dos restos do acueducto romano da cidade”
Na actualidade conviven dúas oficinas de turismo a menos de 100 metros e con horarios de atención moi mellorables
Arroxo foi ratificado como candidato á alcaldía para as municipais de 2019 nunha asemblea aberta na que participaron militantes e simpatizantes do BNG
Neste momento o BNG ten aberto o proceso asembleario para conformar a candidatura das eleccións municipais de 2019
“Dende un Plan de Compostaxe á eliminación de vertedoiros irregulares, Lugo ten moita marxe de mellora en cuestións medioambientais” afirmou Rubén Arroxo
O voceiro do BNG valorou que a Alcaldesa poña en marcha a proposta do BNG para a creación de aparcadoiros disuasorios na cidade “pero a proposta queda coxa”
“Ediles do PSOE correron a facer a foto durante as obras pero non volveron por alí a ver cal foi o resultado e a veciñanza está indignada” asegurou o voceiro do BNG
O voceiro do BNG sinalou que “a Alcaldesa e o Delegado da Xunta compiten por anunciar obras no barrio pero non fan nada para iniciar o necesario plan de rehabilitación”