NO DÍA INTERNACIONAL CONTRA O MEDIO AMBIENTE O BNG SINALOU UNHA SERIE DE CUESTIÓNS PENDENTES PARA O CONCELLO DE LUGO

“A nova urbanización das Saamasas é exemplo da política do PP e PSOE feita contra o Medio Ambiente” dixo Arroxo

IMG_5208
Nas obras da nova urbanización de As Saamasas

“Dende un Plan de Compostaxe á eliminación de vertedoiros irregulares, Lugo ten moita marxe de mellora en cuestións medioambientais” afirmou Rubén Arroxo

“A nova urbanización das Saamasas é exemplo da política do PP e PSOE feita contra o Medio Ambiente” dixo Arroxo

Lugo, 5 de xuño de 2018. No día internacional contra o Medio Ambiente o BNG sinalou unha serie de cuestións pendentes para o concello de Lugo. O voceiro municipal, Rubén Arroxo, fixo referencia ás políticas que durante anos se veñen facendo neste concello “non se traballou con seriedade para á posta en marcha dun Plan de Compostaxe serio para Lugo e permitíronse barbaridades urbanísticas como o Garañón, a gasolineira na área comercial de As Saamasas ou, máis recentemente, a nova urbanización das Saamasas autorizada por un PXOM especulativo ao que o BNG sempre se negou”.

Rubén Arroxo referiuse á indignación que en moitas persoas está xerando “a destrución dunha das áreas medioambientais máis ricas da cidade como é As Saamasas” e lembrou “os atentados nesta zona repítense, sempre coa connivencia de PP e PSOE, primeiro permitiuse a construción dun hipermercado, despois autorizouse meterlle unha gasolineira a menos de 60 metros do río e agora arrasase unha zona de carballeiras para a especulación inmobiliaria”. Arroxo sinalou que a nova urbanización de As Saamasas foi “autorizada e planificada” nun PXOM aprobado por PP e PSOE ao que o BNG sempre se negou polo seu claro caracter especulativo.

 

O voceiro do BNG lembrou, tamén, a necesidade “de controlar a contaminación nos ríos Rato e Miño” e apuntou “todo o sucedido co poza de tormenta da Garaballa, que o BNG tivo que denunciar ante o SEPRONA e a Confederación Hidrográfica pola falta de resposta do goberno municipal para evitar as continúas contaminacións no río Rato que despois se trasladaban ao Miño”. Arroxo referiuse tamén a o Plan de Compostaxe “que nunca se puxo en marcha por que o goberno do PSOE non quixo” ou á gran cantidade de vertedoiros incontrolados que se extenden por todo territorio do concello de Lugo.

“A nova urbanización das Saamasas é exemplo da política do PP e PSOE feita contra o Medio Ambiente” dixo Arroxo