ATA O XOVES DÍA 7 DE XUÑO, ÁS 19 HORAS, ESTARÁ ABERTO O PRAZO PARA QUE CALQUERA MILITANTE PROPOÑA A QUEN CONSIDERE POSIBLE CABEZA DE LISTA  DO BNG PARA AS MUNICIPAIS DO 2019

Avalado por un grupo de militantes, Arroxo presentou a súa candidatura a encabezar a lista do BNG ás municipais

IMG_5219

Neste momento o BNG ten aberto o proceso asembleario para conformar a candidatura das eleccións municipais de 2019

Avalado por un grupo de militantes, Arroxo presentou a súa candidatura a encabezar a lista do BNG ás municipais

Lugo, 5 de xuño de 2018. Hoxe presentouse formalmente a proposta de Rubén Arroxo para optar a encabezar a candidatura do BNG nas municipais de 2019. A presentación tivo lugar no Local Comarcal do BNG na rúa Miguel de Cervantes, onde se rexistrou a solicitude de Rubén Arroxo para optar a encabezar a lista electoral do BNG nas vindeiras eleccións municipais. Un grupo de militantes do BNG acompañaron a Rubén Arroxo avalando a súa proposta de candidatura.

Entre o grupo de militantes que acompañou a Arroxo, a que fora voceira do BNG no concello de Lugo, Paz Abraira, sinalou que “Rubén Arroxo ten demostrado un traballo positivo para Lugo durante este mandato e representa a proposta ilusionante e renovada dunha forza política consolidada como é o BNG para gobernar o concello de Lugo”. Pola súa banda Rubén Arroxo manifestou a súa intención de encabezar unha candidatura “feita para gobernar” na que contará “con persoas que representen a diversos sectores sociais, que sexan coñecedoras da realidade do concello e con propostas innovadoras  para facer que Lugo funcione”.

Neste momento o BNG ten aberto o proceso asembleario para conformar a candidatura das eleccións municipais de 2019. Ata o xoves día 7 de xuño, ás 19 horas, estará aberto o prazo para que calquera militante propoña a quen considere posible cabeza de lista  do BNG para as municipais do 2019. Unha vez presentadas as posibles candidaturas decidirase en asemblea á persoa que encabezará a candidatura do BNG. O BNG ten previsto presentar ás persoas que encabecen as candidaturas nas cidades galegas antes do 25 de xullo. A partir desta data a formación nacionalista comezará a traballar para formalizar as candidaturas completas que concurrirán ás eleccións municipais do ano 2019.

Avalado por un grupo de militantes, Arroxo presentou a súa candidatura a encabezar a lista do BNG ás municipais