postos
Novas

Máis de 300 nenas e nenos participaron nos distintos obradoiros postos en marcha pola tenencia de alcaldía no mes de decembro

Rubén Arroxo fixo un balance "moi positivo" da iniciativa que achegou ás nenas e nenos a instalacións como o MIHL, o Vello Cárcere ou o Mercado Municipal

 

Arroxo: "Démos unha alternativa para que as familias puideran conciliar, especialmente durante as vacacións de Nadal, traballando coas nenas e nenos na aprendizaxe de linguas, na reciclaxe ou na historia da cidade"

Ler novas
Novas

Por primeira vez todos os postos da Praza de Abastos e do Mercado Municipal están ao corrente de pago

Lugo, 24 de outubro de 2019. A Concelleira de Participación e Servizos para a Veciñanza, Cristina López, anunciou que “segundo un informe de facenda local, por primeira vez todos os postos da Praza de Abastos e do Mercado Municipal están ao corrente de pago”.

 

Cristina López indicou que dende a área de Participación se está a traballar en ofertar os postos que se deron de baixa nos últimos tempos. Un total de 13 postos na Praza de Abastos, 13 no Mercado Municipal, 4 cámaras frigoríficas e 4 almacéns. Segundo declarou a concelleira, “na actualidade o prego está redactado e trasladado ao servizo de intervención para a súa tramitación”.

 

Entre os postos que sairán a esta nova oferta, están os 5 do Mercado Municipal e 6 da Praza de Abastos, que foron concedidos entre o 4 de maio de 2012 e o 13 de novembro de 2013 por un prazo de dous anos, que foi prorrogado dous anos máis, e cuxa concesión actualmente está caducada. “Estes postos sairán á oferta pública, e poderán presentarse para ocupalos tanto as persoas que os ocuparon durante estes anos, ás que se lles contará a antigüidade, como novas ofertas”.

Ler novas
Novas

A área de Participación e Servizos á Cidadanía comeza a regularización dos postos no mercadiño de Frigsa

Lugo, 13 de agosto de 2019. A concelleira, Cristina López, mantivo unha xuntanza con vendedores que se viñan instalando no aparcadoiro do lateral do auditorio para iniciar a normalización da súa situación

 

No día de hoxe presentaronse, a través do rexistro, unhas vinte solicitudes para solicitar a creación de novos postos no mercadiño de Frigsa despois de que a concelleira, Cristina López, se reunise con representantes de vendedores que carecían das correspondentes autorizacións para a vente no mercado. A Policía Local procedeu, en diversas ocasións, a advertir a estes vendedores da necesidade de legalizar a súa situación e no día de hoxe procedeuse ao desaloxo da zona.

 

A edil do BNG, Cristina López, explicou que se procederá a un remodelación da distribución dos postos para "mellorar a seguridade na zona e para garantir, tamén, a ordenzación dos espazos onde se producen as ventas". Recentemente procedeuse ao pintado dos espazos para os postos que xa contaban coa debida autorización e creararanse novos postos para atender as solicitudes que se presenten. "Trátase de mellorar as condicións e a imaxe deste mercado que se celebra todos os martes e xoves no Parque da Milagrosa" sinalou a  edil Cristina López.

 

A reformas que se farán na ubicación do mercado deixarán a rúa paralela ao Auditorio con unha única fila de vendedores para permitir o paso de vehículos de emerxencia en caso necesario. Tamén se crearán espazos de venta no aparcadoiro do lateral do Auditorio para establecer unha ordenación deste espazo onde se viña desenvolvendo un mercadiño paralelo non regularizado. Cristina Ferreiro sinalou "imos darlle a máxima axilidade á tramitación dos permisos solicitados por aquelas persoas que presenten a corresponde documentación e cumplan cos requisitos necesarios para exercer a venta no mercado".

Ler novas