CRISTINA LÓPEZ ANIMOU A REALIZAR AS COMPRAS NESTES DÍAS NO PEQUENO COMERCIO, QUE CONTINÚA A DAR SERVIZO A TODA A VECIÑANZA

A área de Participación entrega pantallas de protección nos postos da Praza de Abastos e no Mercado Municipal

Cristina López agradeceu a colaboración do IES As Mercedes, que se encargou da elaboración das pantallas

A área de Participación entrega pantallas de protección nos postos da Praza de Abastos e no Mercado Municipal

Lugo, 17 de abril de 2020. A concelleira de Participación e Servizos para a Veciñanza, Cristina López visitou o Mercado Municipal e a Praza de Abastos, onde entregou pantallas de protección ás praceiras e praceiros. Segundo informou Cristina López, “seguimos colaborando cos distintos postos da praza e do mercado para tratar de reducir ao máximo as posibilidades de contaxio”.

Cristina López agradeceu a implicación do  IES As Mercedes na elaboración das máscaras. “Seguimos traballando para aumentar as medidas de seguridade nestes dous recintos públicos de Lugo”, afirmou a Edil de Participación.

“Queremos que as veciñas e veciños de Lugo se acheguen a estes dous recintos para colaborar en que o impacto da crise sanitaria sexa menor”, afirmou Cristina López, que animou ás veciñas e veciños de Lugo a facer as compras no pequeno comercio de alimentación que estes días permanece aberto e dando servizo a toda a veciñanza.

A área de Participación entrega pantallas de protección nos postos da Praza de Abastos e no Mercado Municipal