O novo contrato de mantemento de ascensores para os edificios municipais aforraralle ao concello máis de 110.000€ anuais
Ademais do aforro en custos de reparación, o mantemento preventivo permitirá reducir o consumo enerxético e a magnitude das reparacións
O Concelleiro de Infraestruturas visita Galegos xunto con técnicos municipais
Alexandre Penas agradeceu a colaboración veciñal “para saber de primeira man as necesidades da zona”
O concello solicita da Xunta máis de 35.000 euros para a mellora das Escolas Infantís Municipais
As actuacións de mellora previstas polo goberno municipal suporían intervencións e melloras en catro Escolas Infantís Municipais
O concelleiro de educación informa sobre as de salas de lectura municipais nas tardes de agosto
Lugo, 08 de agosto de 2019. O concelleiro de Educación, Felipe Rivas, informou no día de hoxe da dispoñibilidade de salas de lectura nos locais municipais. Segundo Rivas, “debido ao peche tanto da biblioteca provincial como de Intercentros durante as tardes do mes de agosto, desde o concello temos dispoñibles preto un cento de prazas que as estudantes do concello teñen á súa disposición”.
As salas dispoñibles son as seguintes:
- Biblioteca de Frigsa, 9 a 14h.
- Centro de Convivencia Maruja Mallo, 9:30 a 13:30 e 16:30 a 20:00
- Centro de Convivencia Fingoi, 10 a 13:30 e 16 a 19:30
- Centro de Convivencia Uxío Novoneyra, 8 a 14 e 16 a 21h
- Aula de Novas Tecnoloxías, 10 a 13 e 17 a 21h
Felipe Rivas indicou que no resto de Centros de Convivencia municipais tamén existen salas de lectura, máis non están separadas do resto de estancias, polo que se comparte o espazo co resto de usuarios do centro.
Rubén Arroxo anuncia a creación de brigadas municipais de atención aos barrios
O candidato do BNG á alcaldía indicou “reduciríamos os tempos nestes arranxos necesarios para o día a día”
O BNG presenta a candidatura de Palas de Rei ás eleccións municipais
Manuel Saavedra: “Impulsaremos políticas e medidas que amplíen e melloren os servizos e a calidade de vida da nosa venciñanza”
O BNG presentou a candidatura completa para as municipais na Pastoriza
Elva Carrera, a tenente de alcalde, afirmou: “continuaremos a facer unha xestión racional, rigorosa e transparente”
O BNG presentou a candidatura completa para as municipais en Sarria
Un total de 20 persoas conforman a candidatura do BNG para “darlle ao concello a estabilidade que precisa”