SE ABANCA PECHA A GARDERÍA O CONCELLO TERÁ QUE RECONSIDERAR AS SÚAS RELACIÓNS CON ESTA ENTIDADE"
Para o BNG Asambleas Abertas a preocupación son os problemas da xente de Lugo e este é un problema grave para as nais e pais que se quedan sen gardería para os seus fillos e fillas
O tema do goberno municipal vaise resolver dun xeito ou doutro e a nosa posición é coñecida dende que o BNG abandonou o goberno municipal en novembro de 2012 afirmou Arroxo
Lugo, 2 de xuño 2015. Rubén Arroxo cuestionou hoxe a actitude de ABANCA a respecto do peche da gardería do Sgdo. Corazón unha gardería dunha fundación deste tipo non pode buscar a rentabilidade por que se trata da obra social dunha entidade bancaria e non dun negocio ao que sacarlle cartos. Rubén Arroxo dixo que se esta entidade bancaria, que manexa fondos de moitos miles de lucenses, continúa a retirar servizos deste concello as institución públicas serán as primeiras que teñen que tomar medidas e engadiu que se ABANCA pecha a gardería do Sgdo. Corazón o concello terá que reconsiderar as súas relacións con esta entidade bancaria.
Para o BNG Asambleas Abertas a preocupación son os problemas da xente de Lugo e este é un problema grave para as nais e pais que se quedan sen gardería para os seus fillos e fillas. Arroxo sinalou que temos que estar, como sempre estivemos, coa xente e utilizar a nosa representación nas institucións para defender ás persoas das inxusticias e abusos que están a sufrir e sinalou que este é un caso paradóxico no que unha entidade bancaria pecha unha parte da súa obra social alegando que non lle produce beneficios e deixa tirados e a un importante número de nenos e nenas sen outra alternativa na zona.
Rubén Arroxo e Maite Ferreiro mantiveron un encontro con nais afectadas e visitaron a gardería do Sagrado Corazón. Arroxo criticou todos os argumentos utilizados pola dirección de ABANCA para xustificar o peche inminente da instalación e lembrou que esta entidade bancaria recibiu máis de 9.000 millóns de euros de cartos públicos no seu momento. Un dos problemas existentes é que as garderías públicas xa teñen pechado o seu prazo de matrícula. Para os ediles electos do BNG resulta curioso que na porta da propia gardería permaneza o cartel anunciando a matrícula para o vindeiro curso.
Negociacións concello de Lugo
O BNG celebrará hoxe martes unha asamblea aberta na que participarán todas as persoas que se implicaron no proceso de Asambleas Abertas que definiu a candidatura para as eleccións municipais e que marcou as liñas prográmaticas desta formación. A xuntanza terá lugar no centro social Maruja Mallo ás 20:00 horas. Rubén Arroxo sinalou que queremos darlle continuidade a esta manifestación de traballo e esforzo colectivo que deu como resultado manter a representación na corporación municipal para nos o importante é o que comenza a partir do día 13 de xuño por que o noso obxectivo vai máis adiante de nomear a un alcalde ou pactar un goberno.