MÁIS DE 4.000 PERSOAS CONFIARON NO BNG-AA SABENDO QUE NON IAMOS PERMTIR UN IMPUTADO COMO ALCALDE
O Consello Local do BNG celebrado onte decidiu manter o posicionamento marcado durante toda a campaña e non iniciar conversas co PSOE e unha Asamblea Aberta definirá as liñas de actuación do BNG-AA no concello
Os ediles electos do BNGAA , e o parlamentario Cosme Pombo, mantiveron unha xuntanza con nais e pais da zona sur da cidade para coñecer a problemática que están a vivir coa escolarización dos seus fillos e fillas
Lugo, 28 de maio 2015. Un grupo de pais e nais da zona sur da cidade de Lugo mantiveron hoxe unha xuntanza con representantes do BNG no concello de Lugo e no Parlamento Galego. Cosme Pombo, Rubén Arroxo e Maite Ferreiro atenderon as preocupacións destes nais e pais que teñen fillos e fillas de tres anos que quedaron se praza no colexios de referencia. O parlamentario do BNG, Cosme Pombo, compremeteuse a trasladar ao Parlamento Galego unha iniciativa reclamando que a Xunta de Galiza e a consellería de educación busque unha solución para a escolarización de todo o alumnado da zona sur de Lugo dentro da zona de referencia.
Á saída da xuntanza o concelleiro electo Rubén Arroxo, á respecto da situación dos pactos no concello de Lugo, anunciou que o BNG - Asambleas Abertas convocará unha asamblea aberta o vindeiro martes ás 20:00 horas. Arroxo sinalou que o BNG - Asambleas Abertas quere que toda a xente que participou no proceso preelectoral participe tamén á hora de decidir o futuro do goberno da cidade. Arroxo dixo que "nos seguimos atendendo os problemas das persoas que é a nosa prioridade, mentres outros están preocupados e preocupadas por sentarse nas institucións".
Rubén Arroxo sinalou que todas as persoas que viven en Lugo e, especialmente, as que nos apoiaron neste proceso de Asambleas Abertas deben contribuir coas súas propostas a definir e deseñar cal será a nosa actuación na corporación do concello e engadiu máis de 4.000 persoas apoiaron a nosa candidatura sabendo que non iamos permitir que unha persoa imputada por corrupción accedese á alcaldía, agora non lles imos fallar. Arroxo lembrou que calquera cargo do BNG dimite, de inmediato, en caso de ser imputado por causas de corrupación.
A investidura
O Consello Local do BNG celebrado onte decidiu manter o posicionamento marcado durante toda a campaña e non iniciar conversas co PSOE mentres manteña como cabeza de lista a un imputado por corrupción. Será responsabilidade do PSOE permitir a entrada do PP na alcaldía de Lugo por que eles saben, dende o 11 de novembro de 2012, que o BNG non permite a presenza de imputados nos cargos institucionais dixo Rubén Arroxo facendo referencia á data na que o BNG anunciou a súa saída do goberno municipal de Lugo.