ARROXO RECLAMOU QUE SE REPOÑA O APARCADOIRO DE BICICLETAS DO ALBERGUE DE PEREGRÍNOS
Os nacionalistas lembraron que xa presentaron varias iniciativas para que se instalen aparcadoiros de bicicletas en varios puntos da cidade e que se recupere o servizo de préstamo
O resonsábel local do BNG asegurou que a reponsabilidade de quen alcance a alcaldía no concello de Lugo será única e exclusivamente do partido socialista
Lugo, 4 de xuño 2015. Os concelleiros electos do BNG Asambleas Abertas, Rubén Arroxo e Maite Ferreiro, reclamaron a reposición do aparcadoiro de bicicletas que estaba instalado xunto do albergue de peregrínos. A estrutura metálica que servia como soporte para o aparcadoiro de bicicletas sufriu danos e foi retirada polo concello e neste momento quedou sen este servizo un lugar no que so moitas as persoas que lle daban uso, entre elas moitos peregrínos.
Os nacionalistas lembraron que xa presentaron varias iniciativas para que se instalen aparcadoiros de bicicletas en varios puntos da cidade e que se recupere o servizo de préstamo. Para o BNG-AA resulta inconcebible que o sistema de préstamo de bicicletas permaneza inactivo e en total abandono. En Lugo temos que recuperar un modelo de mobilidade no que a bicicleta ten que ter protagonismo despois do peón afrimou Rubén Arroxo.
Para o BNG Asambleas Abertas a deixadez que houbo durante estes anos no mantemento deste tipo de dotacións na cidade non ten explicación nin debe continuar no futuro. O feito de que o albergue de peregrínos, a onde moitas perosas chegan en bicileta, quedará sen un aparcadoiro é sintómatico de cal foi a política de mobilidade do goberno local nestes últimos anos.
Pactos
O BNG manifestou hoxe, a través do seu responsáble local, o seu rexeitamento ás acusacións de chantaxe verquidas polo PSOE. Para o BNG a reponsabilidade de quen alcance a alcaldía no concello de Lugo será única e exclusivamente do partido socialista. Penas exlicou que a posición do BNG é coñecida dende o momento en que Orozco foi imputado deixamos clara a nosa postura en novembro de 2012 cando abandonamos o goberno municipal e as mais de 4000 persoas que confiaron en nós o día 24 de maio sabían perfectamente cal era a nosa postura.
Para o responsable local do BNG o PSOE non sabe ou non quere entender o que o electorado lles dixo nestas eleccións e engadiu que as responsabilidades de orozco ao respecto de todo o que ocurriu neste concello están moi por riba das súas imputacións persoais. Penas lembrou que Liñares foi a persoa de confianza de Orozco durante moito tempo. Alexandre Penas sinalou que Orozco trata, unha vez máis, de utilizar este concello para defenderse el mesmo ante a xustiza.