“OS GALEGOS APORTAMOS MÁIS 9.000 MILLÓNS PARA SALVAR A ABANCA E AGORA PECHAN A GARDARÍA”

“OS GALEGOS APORTAMOS MÁIS 9.000 MILLÓNS PARA SALVAR A ABANCA E AGORA PECHAN A GARDARÍA”

IMG_1086Se ABANCA pecha a gardaría do Sagrado Corazón o novo goberno municipal terá que estudar se continúa mantendo contas bancarias nesta entidade

Representantes de nais e pais afectados polo peche da gardaría mantiveron unha xuntanza cos concelleiros electos do BNG - AA

Lugo, 9 de xuño 2015.Tras reunirse cun grupo de representantes das nais e pais afectados polo peche da gardaría do Sagrado Corazón, Rubén Arroxo cuestionou a actitude de ABANCA a respecto deste asunto “os galegos e galegas aportamos máis de 9.000 millóns de euros para salvar a ABANCA e agora pecha a gardería por que non é rentable”. Rubén Arroxo dixo que “se esta entidade bancaria, que manexa fondos de moitos miles de lucenses, continúa a retirar servizos deste concello as institución públicas serán as primeiras que teñen que tomar medidas” e engadiu que “se ABANCA pecha a gardería do Sgdo. Corazón o novo goberno municipal terá que estudar se continúa mantendo contas bancarias nesta entidade”.

 “Tal e como dixemos no momento en que se deu a coñecer esta nova este é un caso paradóxico no que unha entidade bancaria pecha unha parte da súa obra social alegando que non lle produce beneficios e deixa tirados e a un importante número de nenos e nenas sen outra alternativa na zona” afirmou Arroxo. Para o BNG – Asambleas Abertas a preocupación son os problemas da xente de Lugo e este é un problema grave para as nais e pais que se quedan sen gardería para os seus fillos e fillas. Arroxo sinalou que “temos que estar, como sempre estivemos, coa xente e utilizar a nosa representación nas institucións para defender ás persoas das inxusticias e abusos que están a sufrir”.

Os concelleiros electos do BNG-AA, Rubén Arroxo e Maite Ferreiro, mantiveron un encontro con pais e nais afectadas. Arroxo criticou todos os argumentos utilizados pola dirección de ABANCA para xustificar o peche inminente da instalación e lembrou que “esta entidade bancaria recibiu máis de 9.000 millóns de euros de cartos públicos no seu momento”. Un dos problemas existentes é que as garderías públicas xa teñen pechado o seu prazo de matrícula. Para os ediles electos do BNG “resulta curioso que na porta da propia gardería permaneza o cartel anunciando a matrícula para o vindeiro curso”.

“OS GALEGOS APORTAMOS MÁIS 9.000 MILLÓNS PARA SALVAR A ABANCA E AGORA PECHAN A GARDARÍA”