NON É UNHA VITORIA DE NINGUÉN, É O AVANCE DUN CONCELLO QUE CAMIÑA CARA ADIANTE
Para o BNG Asambleas Abertas Orozco é pasado e a partir de hoxe teremos que traballar con honestidade e borrar deste concello todo rastro de sospeita sobre corrupción
Queremos o mellor para o concello de Lugo e apartir de agora é cando se pode avanzar para construir un concello que funcione afirmou Rubén Arroxo.
Lugo, 11 de xuño 2015. Tras o anuncio de renuncia do candidato do PSOE á alcaldía, Rubén Arroxo, lembrou que dende o BNG estase a pedir dende fai 2 anos e medio que calquer cargo imputado por corrupción se aparte dos cargos institucionais por que queremos que os cargos permanezan sen sospeitas. Arroxo salientou que durante estes días o BNG AA non quixo participar no circo mediatico no que se converteu este proceso. Queremos o mellor para o concello de Lugo e apartir de agora é cando se pode avanzar para construir un concello que funcione afirmou Arroxo.
Para o BNG AA a renuncia de López Orozco non é o fin, senon o comenzo dun proceso para construir o futuro deste concello. Os nacionalistas comenzarán, a partir de hoxe, un proceso de asambleas e xuntanzas con toda a xente que participou, durante o periodo electoral, nas Asambleas Abertas. Rubén Arroxo dixo que queremos contar coa opinión de todo o mundo para definir o que van o ser os vindeiros catro anos e engadiu que definiremos as liñas de negociación por que o noso apoio non vai ser gratuito nin unha carta blanca ao PSOE para que faga o que queira.
Arroxo sinalou que o feito de que Orozco deixe os cargos institucionais non é unha vitoria de ninguén, é o avance dun concello que camiña cara adiante e engadiu que Orozco é pasado e a partir de hoxe teremos que traballar con honestidade e borrar deste concello todo rastro de sospeita sobre corrupción.
Non poñer a Orozco nin deixar entrar ao PP
O candidato nacionalista dixo que ata agora conseguimos o que a xente máis nos reclamou durante toda a campaña e neste período post-electoral que era: non poñades a Orozco, nin deixedes entrar ao PP. Sobre a participación do BNG-AA nun futuro goberno Arroxo dixo que serán as bases do BNG e a xente que participou nas Asambleas Abertas quenes decidan cal será o noso posicionamento. Arroxo anunciou que a partir de agora tamén comenzarán as conversas co PSOE xa que ata este momento o BNG-AA negarase a manter ningún tipo de encontro.