O BNG-AA APOIARÁ A INVESTIDURA DA CANDIDATA SOCIALISTA COMO ALCALDESA
O PSOE aceptou todos e cada un dos puntos marcados polos nacionalistas como liñas de actuación para este mandato
Maite Ferreiro sinalou que é un feito significativo que coa investidura de mañá o concello de Lugo teña, por primeira vez na historia, a unha muller como alcaldesa
Lugo, 12 de xuño 2015. Os ediles electos do BNG AA, Rubén Arroxo e Maite Ferreiro, compareceron ante os medios de comunicación para dar conta das conversas mantidas con representantes do PSOE durante a mañá de hoxe. O BNG AA dará o seu apoio á investidura da candidata socialista á alcaldía anunciou Rubén Arroxo. Arroxo explicou que o BNG AA plantexou unha serie de compromisos que o partido socialista aceptou como liñas de actuación para este mandato no concello de Lugo.
Pola súa banda, Maite Ferreiro, manifestou que para o BNG AA é un feito significativo que coa investidura de mañá o concello de Lugo teña, por primeira vez na historia, a unha muller como alcaldesa. Ferreiro engadiu que a xuntanza con representantes do PSOE foi unha primeira toma de contacto na que se plantexaron unha serie de puntos para a investidura da candidata socialista e que serve de punto de partida para as conversas necesarias de cara ao pleno de organización
Rubén Arroxo explicou os puntos marcados polo BNG AA como condiciión para apoiar a investidura da alcaldesa socialista. Nun total de sete puntos os nacionalistas sintentizaron cales deben ser as liñas de actuación do futuro goberno municipal. Arroxo sinalou que o concello de Lugo ten que servir ás persoas e non pode estar ao servizo dos partidos políticos para dar negocio ás grandes empresas.
Puntos de acordo propostos polo BNG AA:
- O goberno municipal de Lugo, ante conflictos laborais nos que se vexan afectadas empresas que traballen ou teñan relación co concello, defenderá os dereitos laborais dos traballadores e traballadoras obrigando ás empresas a responder dos perxuizos que puidera causar ao concello de Lugo.
- Estableceranse políticas activas e de prevención contra a violencia de xénero e artellaranse mecanismos para a proteción das vítimas.
- Non se vetará a participación e intervención de colectivos e entidades que, en tempo e forma, soliciten presentar iniciativas ante os diferentes órganos municipais.
- O concello de Lugo terá como obxectivo primordial defender o seu territorio e aos seus veciños e veciñas e aplicarase toda a normativa vixente e os medios dos que dispoña o goberno municipal para evitar atentados urbanísticos, paisaxísticos e medioambientais.
- Aplicaráse unha política fiscal progresiva para que pague máis quen máis ten e os servizos municipais revisarán a aplicación das exencións de pagamento de impostos municipais das que disfrutan entidades e institucións como é o caso da igrexa.
- Artellarase un plan de atención aos barrios de ás parroquias ruraris do concello para achegar, na medida do posible, os servizos e dotacións a todos os veciños e veciñas por igual.
- Os servizos sociais estarán ao servizo das persoas que os precisen e traballarase para eliminar as barreiras burocrático-administrativas que inviabilizan a accesibilidade aos servizos sociais municipais de moitas persoas.