ABRAIRA, DENUNCIADA POLA POLICÍA LOCAL, ACUSA A OROZCO DE NON FACER NADA EN RELACIÓN A URBASER"
A portavoz do BNG foi denunciada pola Policía Local ante a subdelegación do goberno por facer fotos co seu teléfono, o pasado 18 de xullo, nunha mobilización de traballadores de Urbaser
O único que está a facer Orozco é velar polos intereses da empresa Urbaser e utilizar a policía local ao seu antoxo afirmou Paz Abraira
Lugo, a 6 de agosto de 2014. O Grupo Municipal do BNG no Concello de Lugo, por boca da súa voceira Paz Abraira, criticou duramente ao Goberno socialista presidido por López Orozco. Paz Abraira acusou ao goberno local de "incapacidade" xa que "seguen sen tomar medidas ante a empresa Urbaser a pesares dos incumprimentos de contrato". A edil nacionalista dixo que " o goberno municipal está desaparecido e son incapaces de esixirlle a Urbaser para que solucione este conflicto ou tomar as medidas oportunas para rescindir o contrato".
A edil nacionalista lembrou que o BNG dirixiu varias preguntas por escrito ao goberno municipal e non recibimos resposta a ningunha delas. O mesmo sucedeu cando o BNG solicitou a convocatoria urxente da xunta de voceiros e a nosa demanda foi ignorada polo alcalde nun claro xesto de falta de dialogo coa oposición nunha cuestión que afecta a todo o concello. Abraira explicou que o BNG volverá a dirixirse ao concello para saber, con claridade, cales son as medidades que o concello adoptou ante a empresa Urbaser.
Para a nacionalista o feito de que o PSOE utilice a Policía Local exclusivamente para defender os intereses da multinacional Urbaser pón de manifesto o estado de entrega do Partido Socialista en Lugo ante este conflito. Para o BNG, está claro que Orozco non quere explicar as decisións que está tomando e as ordes que está dando.
Identificación policial e posterior denuncia
A a voceira do BNG fora identificada, o pasado 18 de xullo, e posteriormente foi denunciada por axentes da policía local ante a subdelegación do goberno. A denuncia contra a edil nacionalista literalmente en manter conducta que puede ser constitutiva de delito..., toda vez que provocó reacciones en el público que pudieron alterar la seguridad ciudadana. No propio texto da denuncia os axentes actuantes fan xuizos de valor tales como: ...su conducta, que es reprochable como persona, lo es más grave si cabe al ser esta, una representante de los ciudadanos en la Corporación Municipal...
Para Paz Abraira, voceira do BNG, foi identificada por tirar fotografías co seu teléfono do que estaba a acontecer na mobilización dos traballadores de Urbaser. Abraira tamén fotografou o momento da identificación a que estaba sendo sometido un traballador de Urbaser. A voceira municipal lembrou que ´neste concello é Orozco o reponsábel máixmo da policía local e referiuse á recente aprobación da denominada Lei Mordaza. Abraira chamou a atención de como o socialista Orozco se converte, por iniciativa propia, nun alumno avantaxado na aplicación de calquera medida que vai contra os dereitos fundamentais dos cidadáns.