O BNG LAMENTA A FALTA DE RESPETO DA EDIL DE CULTURA POLA COMISIÓN DE FESTAS DO SAN FROILÁN
Esta é unha mostra máis de que o PSOE non acredita na participación á hora de organizar estas festas que son as de todos os lucenses dixo Crisitina Ferreiro
O pregoeiro do San Froilán é proposto por un grupo e debe contar co acordo da comisión de festas
Lugo, a 6 de agosto de 2014. O grupo municipal do BNG lamentou a actitude da edil de cultura que onte anunciou que a persoa en encargada de pregoar as festas do San Froilán xa estaba elixida e que se trata dun empresario. A edil de cultura anunciou aos medios de comunicación que non facilitaría o nome desta persoa ata que lle fora comunicado aos outro grupos da corporación. Cristina Ferreiro lembroulle á socialista Carmen Basadre que non se trata dunha comunicación se non que o nomeamento do pregoeiro ou pregoeira debe contar co acordo da comisión de festas para ser nomeado.
Cristina Ferreiro sinalou que, deste xeito, parece que a edil socialista, Carmen Basadre, trata de poñerse á altura do voceiro do PP, Jaime Castiñeira, que o ano pasado anunciou a través dun vídeo no seu blog que o pregoeiro sería Genaro Castro desprezando, tamén, a comisión de festas deste concello. Efectivamente, sinalou a edil nacionalista, neste ano correspóndelle facer a proposta ao grupo socialista pero sería de agradecer que mantiveran as formas e non deran por feito algo que se debe aprobar na comisión de festas.
Segundo explicou Cristina Ferreiro é tradicional que os grupos políticos fagan as súas propostas na propia comisión de festas para que sexa decisión de todos os grupos políticos, con representación na corporación, elexir ás persoas que van ter un papel relevante nas festas patronais da cidade. A proposta do pregoeiro faise de xeito rotatorio por parte de todos os grupos políticos con representación na corporación municipal e é aprobada pola comisión de festas. Existe o acordo de que a proposta debe ser apoiada, polo menos, por dous dos tres grupos políticos para que a comisión de festas lle dea o visto bon.
Para Cristina Ferreiro o PSOE está a incumprir coas reglas marcadas polos propios grupos á hora da elección das persoas que van ser pregoeiras ou oferentes no San Froilán e sáltanse as normas de cortesía e os protocolos establecidos na propia comisión de festas. Ferreiro dixo que non é de recibo que a propia edil de Cultura desprece á comisión de festas e á corporación municipal nun asunto deste tipo.